acuática


https://martadacostaalonso.wordpress.com/ https://www.facebook.com/marta.dacostaalonso

Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 OBRA
 CONTIDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 Arquivo

Cazar instantes
Estou rematando de ler o libro El cazador de instantes de Rafael Argullol. É un libro que comeza co capítulo "En medio de la travesía" no que entendo que o autor quere facer unha exposición de motivos que o levan a presentarnos este libro, un compendio de pensamentos que transitan entre a súa forma de prosa e á súa vocación de poesía.

Do libro interesoume particularmente o que di da memoria:

"A memoria é un tribunal permanente aínda que arbitrario: premia gratuitamente e castiga con xenerosidade... constrúe o relato da nosa vida, que diverxe, cando non se opón, do relato oficial que tendemos a legalizar."

Como libro que é de pensamentos, a lectora poderá atopar nel algunhas frases que a engaiolen particularmente. Estas son as miñas:

"Quero descansar na túa compaña do peso que soporto por aparentar ser eu mesmo".

"Dominar a memoria, seleccionando e desbotando as lembranzas con total liberdade e impunidade, sería unha das formas de habitar o paraíso."
Comentarios (2) - Categoría: libros - Publicado o 24-12-2007 20:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Que evocador o título. De seguro que se nun estante de mil libros atopo este lévoo ta#blgtk08#n só polo fermoso título. Vexo que o estracto que nos fai Acuática acertaría de cheo.
Comentario por Hermaco (27-12-2007 07:21)
2 Si magnífico título e in#blgtk08#teresantes pensamentos.
Comentario por Acuática (27-12-2007 08:25)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0