acuática


https://martadacostaalonso.wordpress.com/ https://www.facebook.com/marta.dacostaalonso

Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 OBRA
 CONTIDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 Arquivo

Cardume
"E logo serei para sempre o que son, un poeta menor, un dramaturgo menor, mediocre, un fungo medrado na sombra que deitan os mestres... Non podo acabar aquí, aínda teño moito que escribir, moito..."

Así nos fala Urbano R. Moledo, temendo que a súa lembranza morra entre as paredes da prisión de San Simón. Mais non, houbo alguén, alguén que el non imaxinaba entón, que recuperou as súas palabras e edificou desde a súa memoria as liñas que lle deron unha "forma fugaz", algo con que darlles a alegría.

Urbano non quere fuxir da morte porque "...como vou marchar eu, calar, se levo sobre as miñas costas a súa morte. É da dignidade do que falamos, de algo superior a nós, da verdade, da bondade."

Aquel home fusilado por cometer o crime de crear na nosa lingua, e de non pensar como algúns querían, non quere escapar do destino común, por dignidade. Son tremendas as palabras de Urbano Moledo, a engranaxe que deu lugar a esta obra, a única personaxe que se dirixe a nós directamente desde as páxinas escritas na prisión.

Rexina Vega constrúe esta novela desde a materia fermentada nas conversas da familia, co desexo, penso eu, de proxectar a dignidade de Urbano até o presente. Para min, permanecerá tamén a teimosía da avoa, da moza que se fai consciente, que descubre que o que está a acontecer aquel verán do 36 tamén vai con ela, que toma a decisión de buscar unha saída para Urbano inxustamente detido.

Aledeime no seu día de que Xina recibise este premio Xerais con esta novela súa, a primeira. E alédome de novo ao pechar o libro. Parabéns amiga.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-12-2007 22:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0