|
|
|
|
Ofelia en novembro |
|
?Eu, a máis desconsolada e infeliz das mulleres, que gocei un día o mel das súas promesas suaves, vexo agora aquel nobre e sublime entendemento desacordado... Canta é a miña infelicidade de ter visto o que vin, e ver agora o que vexo.?
Monólogo de Ofelia na Escena V do acto III do Hamlet.
Hoxe, para lembrar a todas as mulleres vítimas da violencia de xénero, estarei no acto que convoca a Concellería de Servizos Sociais de Redondela. Alí lerei o poema "Non é amor" que xa puxen no seu día nesta xanela.
Mañá, cun motivo semellante, irei a Cuntis, para falar de igualdade, tomando como pretextos distintos textos poéticos de escritoras e de escritores tamén, porque esta tarefa é de todos.
Para min, todo isto é como resucitar a Ofelia.
Pobre Ofelia
cristalizada estás no sangue da loucura
e gardas baixo as unllas a carne do covarde,
como un berro atroz que nos convoca.
Os teus ósos,
espadas de cristal
contra a fame caníval
de posuírnos,
de beber a nosa alma,
zugarnos a vontade,
dobregarnos ao río do delirio.
Ofelia,
pequena Ofelia
non se sacia a sede do covarde.
(poema inédito, lido en Ourense nun acto contra vilolencia sobre as mulleres)
|
|
|
|
4 Comentario(s) |
|
1 |
Solidarízome coa causa e declaro a miña fascinación ante estes ve#blgtk08#rsos lidos na miña terra... fermosísimo poema Marta, un saúdo... |
|
|
Comentario por ekis1331 (26-11-2007 20:00) |
|
|
2 |
Moitas grazas ekis. Aquel acto de Ourense, en novembro de 2003, foi un fermoso acto, caloro#blgtk08#so e emotivo, un acto para berrar e para apertar, para sentir a amizade entre as persoas. |
|
|
Comentario por Acuática (26-11-2007 21:52) |
|
|
3 |
Marta, grazas pola visita ao blogue do CPI don Aurelio de Cuntis (Seica chove no patio?). Á rapaza que asistiu ao obradoiro e logo introduciu a noticia sobre o acto fíxolle moita ilusión as túas palabras e mais as de Marilar.
Ta#blgtk08#mén estamos presentes na blogoteca co Equipo de Normalización: www.blogoteca.com/nalinguadetodos
Saúdos e grazas tamén polo exemplo dese pequeno/grande pulso á Telefónica. Se fixesemos todos o mesmo´habíanos tomar máis en serio. |
|
|
Comentario por Román (07-12-2007 20:38) |
|
|
4 |
Grazas a vós por querer contar coa miña pequena aportación. Agar#blgtk08#do que prendese algunha dúbida nas poucas rapazas que asistiron. |
|
|
Comentario por Acuática (09-12-2007 16:31) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|