|
|
|
|
Floreceu a glicinia |
|
 Hoxe descubrín que floreceu a glicinia. Xa sei que é un detalle menor, mais para min moi, moi importante. Souben, ao ver as primeiras flores, que esta glicinia é unha desas non habituais. Normalmente teñen as flores malvas ou azuladas, mais esta ten as flores brancas, é unha glicinia alba, coma a quen a prantou gústalle ir contracorrente.
Para min é moi importante porque é unha desas pequenas cousas que me fai feliz. Estou convencida de que a felicidade se mide en cousas pequenas, tan pequenas como esta primeira floración da wisteria da miña casa (wisteria sinensis é o nome científico).
Para máis casualidade con esta visión da felicidade, resulta que esta pranta tamén recibe en castelán o nome de "flor da pluma", unha pluma como a da canción:
"A felicidade é como uma pluma
Que o vento vai levando pelo ar ..."
|
|
|
|
5 Comentario(s) |
|
1 |
Escoitar a canción e ler o comentario achega a un tamén á felicidade compartida da Acu#blgtk08#ática polas cousas pequenas. A canción di tamén que a felicidade é uma coisa loca.... |
|
|
Comentario por Hermaco (17-09-2007 20:46) |
|
|
2 |
Moi tola, si, #blgtk08#por iso o é... |
|
|
Comentario por Acuática (17-09-2007 23:27) |
|
|
3 |
Fermosa foto, fermosa pranta, fermosa casa, fermosa reflexión, fermosa canción.
E#blgtk08#sté o meu comentario,
sinxelo coma unha cousa pequena.
Un saúdo.
|
|
|
Comentario por ekis1331 (18-09-2007 01:38) |
|
|
4 |
A foto non é da casa, é dunha páxina de xardinaría.
Mais si é fermosa, porque #blgtk08#nos custou moito esforzo e porque cada día o seu xardín representa mellor o que queremos ser. |
|
|
Comentario por Acuática (18-09-2007 14:41) |
|
|
5 |
Pois noraboa... sobre todo polo de sabe-lo que quered#blgtk08#es ser, xa que eu nunca o tiven claro... unha aperta. |
|
|
Comentario por ekis1331 (18-09-2007 18:22) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|