acuática


https://martadacostaalonso.wordpress.com/ https://www.facebook.com/marta.dacostaalonso

Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 OBRA
 CONTIDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 Arquivo

Manuel María na lembranza
Foto de www.bvg.udc.esXa pasaron tres anos do seu pasamento.

Lembremos de novo as súas palabras sabias, mergullémonos no seu verbo e saiamos repletos do seu mesmo amor á terra.

Hoxe, con Manuel María, debemos lembrar tamén a necesidade de defender o noso idioma cada día, cada hora, como sexa...

CANCIÓN PRA CANTAR TODOS OS DÍAS

Hai que defender o idioma como sexa:
con rabia, con furor, a metrallazos.
Hai que defender a fala en loita rexa
con tanques, avións e a puñetazos.

Hai que ser duros, peleóns, intransixentes
cos que teñen vocación de señoritos,
cos porcos desertores repelentes,
cos cabras, cos castróns e cos cabritos.

Temos que pelexar cos renegados,
cos que intentan borrar a nosa fala.
Temos que loitar cos desleigados
que desexan matala e enterrala.

Seríamos, sen fala, unhos ninguén,
unhas cantas galiñas desplumadas.
Os nosos inimigos saben ben
que as palabras vencen ás espadas.

O idioma somos nós, povo comun,
vencello que nos xungue e ten en pé,
herencia secular de cada un,
fogar no que arde acesa a nosa fe.

Manuel María, Canciós do lusco ó fusco.
Comentarios (5) - Categoría: Ao redor de Manuel María - Publicado o 08-09-2007 13:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 Boa e necesaria lembranza dun dos mellores poetas do noso pais. E#blgtk08# fermoso este poema que efectivamente había que leo tódolos días.
Comentario por o raposo (08-09-2007 20:30)
2 Casualidade! revisando agora as novas da blogoteca decátome que na lembranza a Man#blgtk08#uel María escollín o mesmo poema. Sigamos pois coas súas palabras e coa nosa ...
Comentario por Nasa (08-09-2007 22:00)
3 Ademáis da súa poesía eu lembro con agar#blgtk08#imo Farsa de Bulubú, unha obra moi boa.
Comentario por Ana (12-09-2007 12:49)
4 Eu non poderei esquecer a lectura que Inés Cuad#blgtk08#rado fixo da Espiña de toxo chamada Berenguela.
Comentario por Acuática (12-09-2007 15:27)
5 As palabras vencen ás espadas... pol#blgtk08#o que lle den polo cú ás espadas...
Comentario por ekis1331 (12-09-2007 19:49)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0