|
|
|
|
Con Bernardino |
|
Proximamente celebrarase unha homenaxe a Bernardino Graña, e quero a través destas palabras sumarme a ela.
Bernardino é unha importante referencia para min, por ese motivo dicidín que fose el o prologuista do meu primeiro libro, o mesmo motivo polo que esa obra comeza coa seguinte cita:
"Silencio. Un invisible
orballo engorde intenta
facer que fructifique
o corazón, a pedra."
Himno verde
Bernardino é o poeta do mar, o autor dunha poesía que nace da mesma natureza, por iso esta admiración. Aí queda este poema dun dos meus libros predilectos: Sen sombra e sen amor.
TI ES UN BARCO DE ENSOÑO
que vai deixando un ronsel
de ensoño nun mar de ensoños.
Eu arroaz no ronsel.
Eu arroaz á procura do peixe do teu lecer,
salseiro vivo, ardentía, brincos de auga a ferver.
Brincos de auga nos teus ollos escintilando en roibén.
Vas de barco cheo de música.
Eu arroaz no ronsel.
Eu de arroaz á procura do brillo interior que tes
na auga profunda, na ría
de ensoño nos ollos teus.
|
|
|
|
6 Comentario(s) |
|
1 |
Cando e onde vai ser a homenaxe? Agradeceríache moito o #blgtk08#dato.
Un saúdo:
Xiao Roel |
|
|
Comentario por XiaoRoel (08-09-2007 00:43) |
|
|
2 |
querida Acuática, acabas (acaba Bern#blgtk08#ardino) de deixarme sen palabras... |
|
|
Comentario por senrumbo (08-09-2007 00:55) |
|
|
3 |
Amais dun amigo, Bernardino é xa unha estrela do firmamento. Que honor poder darlle unha aperta ou saúd#blgtk08#alo tan sequera. Outras estrelas que xa non están levámolas agochadas no corazón, coma o Manoel María. |
|
|
Comentario por Hermaco (08-09-2007 01:33) |
|
|
4 |
Xiao, a homenaxe vai ser en Moaña os días 27, 28 e 29 de setembro, irá aparecendo a información detallada, entre outros lugares, na web da AELG (www.aelg.org).
Senrumbo, pois si sen palabras, ou#blgtk08# con todas as palabras, porque Bernardino ten a capacidade de dicir o que levamos no corazón.
Hermaco, unha honra e un desexo. Como o de gardar na nosa memoria a lembranza do Manuel, tan sabio. |
|
|
Comentario por Acuática (08-09-2007 13:41) |
|
|
5 |
Eu quería saber tamén cando era a homenaxe, pero xa está contestada. Bernardino#blgtk08# é un dos nosos grandísimos e todos os días pregúntome por que non é académico. |
|
|
Comentario por náufrago (10-09-2007 08:55) |
|
|
6 |
Eu hai tempo que procuro non me f#blgtk08#acer preguntas sobre a Academia. |
|
|
Comentario por Acuática (10-09-2007 15:19) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|