|
|
|
|
Gioconda |
|
Desta volta estou a ler Fuego soy, apartado y espada puesta lejos, de Gioconda Belli en edición de Visor. O libro foi premio Cidade de Melilla en 2006, e completa, polo de agora, esa visión das idades da muller que podemos ler na poeta desde El ojo de la mujer. O título fai referencia a unha pasaxe do Quixote en que Marcela defende a súa inocencia ante as acusacións de ser a causa da morte de Crisóstomo, por rexeitalo.
Comecei ler a Gioconda por recomendación do amigo Rafa Villar. Curiosamente lin El ojo de la mujer mentres estaba preñada (lémbrome lendo no autobús que une O Milladoiro con Santiago, mentres ía ás clases de preparación ao parto), toda unha casualidade. Foi un descubrimento.
Hoxe leo este libro en que a autora, próxima aos 60 anos, fala da morte, do paso do tempo e os seus estragos e da tiranía da bioloxía que ordena cronoloxicamente a vida feminina someténdoa a continuas adaptacións.
Hai un poema co que me identifico especialmente, algo sobre o que eu mesma tentei escribir:
PUNTOS DE VISTA
A miúdo sinto que as fotos menten
Cal é a realidade?
Saio do baño recén maquillada
Vístome
Solto o cabelo
...
No espello os meus ollos son grandes
As miñas faccións plácidas
Dígome que son unha muller fermosa
O fotógrafo, no hotel, colócame as luces
Eu sonrío segura de min
Máis tarde vexo a foto:
Os meus ollos son máis pequenos
As miñas faccións sufriron unha metamorfose
O meu nariz alongouse
E os reflexos do cabelo
Parecen as canas dunha muller maior
Cal é a realidade?
...
Cal é a realidade?
Quen son,
a do espello
ou esa estraña muller
-pouco familiar-
da fotografía?
Que é a realidade?
|
|
|
|
1 Comentario(s) |
|
1 |
Xa o di o refrán: nada é verdade ou mentira, todo depende do cristal con que se mira.
Todo é relativo e mutable, para ben o#blgtk08#u para mal, como muda a superficie do mar a cada momento, a cada onda, a cada vento, a cada maré.
Eis a grandeza da vida!. |
|
|
Comentario por Hermaco (29-06-2007 11:16) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|