|
|
|
|
Atopeino!!! |
|
Por fin. Eu que odio as arañas e hoxe vai e unha atrévese a pasar por diante de min e, zas!, alí estaban os Poemas da labarada estremecida. Se xa o dixen eu, estes andeis máis ca unha biblioteca son unha selva. Así que estou feliz por este pequeno detalle de achar o libro extraviado. Tan feliz que vos deixo este poema:
O UNICO AMOR espiritual
é o da carne.
Por eso sempre nós
nos amamos co corpo,
co desexo ardendo:
tal a brasa potente,
inestinguible da cerna
dun carballo centeario.
O desexo, incendiándose,
agallopa por nós
furiosamente
como un poldro na grea.
Un corpo soitario
non ten senso:
é un pulo valeiro
pra ninguén,
un berro desesperado
sin resposta.
A nosa entrega total
foi un transpasarnos
de luz nova e crarísima,
un conFUNDIRNOS
pra facernos transparentes
e craros como o aire
deica ser tan soio
unidade co mundo,
pinga de orballo
na que espella,
fala e sorrí o universo.
Manuel María |
|
|
|
1 Comentario(s) |
|
1 |
As arañas na casa son boa sorte, e se non, polo menos cómense as moscas e mos#blgtk08#quitos, algo bo sempre teñen, anque sexa atopar os libros perdidos do Manoel. |
|
|
Comentario por Hemaco (16-06-2007 00:26) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|