|
|
|
|
Colaboración con Pendellos de Agolada |
|
 Derradeiros estertores
ventás a medio fechar
de follas desgonzadas
táboas rotas contra a porta
fanada, triste
musgo desgreñado que non consegue ocultar
tellas rotas ou ausentes
fachadas con manchas que van devorando
a eternidade da pedra
coma o cancro
móbeis que son restos de fogueiras
que non calmaron o frío
anacos de leito sen descanso
estelas que se cravan
e non fan sangrar as lembranzas
aquel edificio erguido contra o mar
lugar en que xogaron á ilusión de refuxiarse
nunha oración
tan inútil coma os recordatorios que quedaron nas gabetas
deveu ruína
ferida no barrio vello
entre as ruelas en que se teceu a memoria
da fame e dos segredos
eslúese
nesa aparente somnolencia
dos derradeiros estertores
Marta Dacosta Alonso
Poema inédito-xullo de 2018 |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|