|
|
|
|
Nós tamén navegar, congreso de poesía 2017 |
|
 O día 6 de outubro tiven o grandísimo pracer de moderar a mesa que abría o Congreso de poesía organizado pola AELG, e que tiña por nome o do propio congreso.
Falamos da nosa achega con voces autorizadísimas: Helena Villar, Yolanda Castaño e Rosa Enríquez.
A mesa e todo o congreso foron recollidos en diversos medios:
"A poesía galega de hoxe é como é porque as autoras anovaron os temas, introduciron novos materiais e desmontaron a ideoloxía patriarcal", acordaron as relatoras encargadas de abrir o encontro a sexta feira, coordinadas pola poeta Marta Dacosta (Vigo, 1966)." Escribe Daniel Salgado en Sermos Galiza.
?A poesía galega de hoxe é como é porque as mulleres tomaron o temón?. Con palabras coma estas comezou Marta Dacosta a primeira das mesas celebradas no congreso Nós tamén navegar. 40 anos de poesía galega, organizado pola AELG...
Marta Dacosta remarcou, pola súa banda, que a ?celebración? das poetas dos 90 á que Mario Regueira aludía ?tivo un pouco de prexuízo?, levando a encastelamentos como o da etiqueta ?poesía de muller?. Antes dos 90 estiveran outras, -sinalou-, coma Helena Villar ou Pilar Pallarés, mais nos 90 é a primeira vez que se recoñece a ?moitas mulleres? que están a facer unha poesía de calidade. Comentou, tamén, que se cadra certas etiquetas coma ?socialrealista? foran importadas da crítica española. Yolanda Castaño matizou tamén que a ?celebración? das poetas dos 90 foi relativa, xa que as recensións de autoras seguían a ser minoría, a maioría das mesmas eran negativas, e moitas respondían a criterios "extraliterarios", coma xa na presentación da mesa advertira Marta Dacosta." Palabras de Montse Dopico en Praza.
Arriba unha imaxe das catro feita por Alberto Pombo. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|