|
|
|
|
Poema en proceso |
|
Estes días, a pesar da campaña electoral, estou inmersa na escrita dun poema que deberá ser entregado antes de que o mes remate. É un poema en proceso.
Levo o borrador en papel comigo e, por veces, cólloo, risco, engado ou só leo.
Cando non, boto man do teléfono, vou á carpeta de borradores e mentres camiño borro e cambio.
Cando me vexades camiñar mirando para o móbil, pensade que, tal vez, non estou a enviar mensaxes nin consultar redes sociais. Vou concentrada nas palabras que tento enfiar.
Esta imaxe que aquí deixo é o núcleo ao redor do que xiran esas palabras que queren ser versos. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|