acuática


https://martadacostaalonso.wordpress.com/ https://www.facebook.com/marta.dacostaalonso

Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 OBRA
 CONTIDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 Arquivo

Memoria de Begoña Caamaño
Este 24 de outubro, un ano despois do seu pasamento, Compostela vivirá unha homenaxe a Begoña Caamaño.

O outono pasado, Eli Ríos convocábanos en nome de A Sega a construírmos un libro colectivo en homenaxe a Begoña. Eu entregueilles este poema, esta reconstrución do mito como Begoña facía, aos pés desa frase súa coa que tanto me identifico.


?Escribo dende un xénero excluído e dende unha lingua minorizada e asumo a responsabilidade que esa escolla conleva?, Begoña Caamaño.



CINCO MIL anos
construíndo
unha imaxe perfecta
distorsio-
nada
medida
moldeada

imaxe que oculta
a faciana que
o tempo
a vida?
esculpiu
mesmo
sobre a dura
pedra



manobra de propaganda e
ocultación



e ti
quen es
a dama perfecta
deseñada para ocupar
a sala do museo
obxecto colocado para ser
o centro das miradas

ou a muller anciá que
se oculta baixo capas de escaiola
autoinvisibilizándose
negando
que o seu paso
pola historia
tamén é fermoso
nas engurras
no corpo deformado
testemuña
de que houbo vida
máis alá
da perfección
efímera


(Nefertiti)
Comentarios (0) - Categoría: des-tecer - Publicado o 24-10-2015 09:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0