|
|
|
|
Paseo polo Vigo literario |
|
 Este sábado 17 de outubro fun convidada a guiar un Paseo polo Vigo literario, unha actividade realizada por iniciativa da AELG e desenvolvida coa colaboración e patrocinio da Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Vigo.
Sairemos do Paseo de Alfonso XII, "o paseo dos mariñeiros nostálxicos", visitaremos a "praciña de pedra en que aínda hai un pozo", e "repinicando a pedra da Laxe" achegarémonos até rúas que levan a memoria des escritoras de noso. E todo isto porque
Nacín aquí.
Aquí onde o cemento
desterrou o mar.
Aquí onde afogan as ondas pretéritas,
na xordeira do tempo que negamos.
Cinsa será o libro que nos guíe, sen deixar atrás ese poema de Setembro:
Hoxe estou en silencio ... |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|