|
|
|
|
Para o 17 de maio de 2015 |
|
 As rapazas do Espazo Feminista da Liga iniciaron unha campaña de visibilización das escritoras para este 17 de maio:
"Con motivo do Día das Letras Galegas, o Espazo Feminista da Liga decidimos levar a cabo unha campaña para concienciar sobre a escasa presenza de mulleres nesta homenaxe, xa sexan galardoadas (tan só tres) ou candidatas.
Queremos pór en valor a riqueza da que gozamos na literatura galega escrita por mulleres, polo que dedicaremos unha semana a recuperar estas figuras mediante a escolla dalgún verso dun poema ou un fragmento dunha obra (ou incluso frases das nosas cantautoras e artistas) pintado sobre un corpo e realizando unha fotografía.
A proposta estará aberta á participación de calquera persoa que queira enviar a súa propia imaxe e subirémolas ás redes durante a semana do 11 ao 17.
Agardamos que vos guste a nosa proposta e que sumedes a este proxecto as vosas contribucións emoticona smile"
Foi así como escolleron uns versos de As amantes de Hamlet e publicaron esta fermosa foto.
E este o texto que a acompaña:
Autora: Marta Dacosta
"Só que procuro escribir co corazón, co firme propósito de revolverlle o estómago ao que se senta fronte aos meus poemas, e que aínda teño que escribir o poema máis importante, pero non sei cando poderei facelo, porque ese, o poema comprometido co tempo en que estou a vivir e coa miña condición humana, precisa dunha voz sólida e un pulso firme."
Vigo (1966). Poeta, licenciada en filoloxía galego-portuguesa. É profesora de lingua e literatura galegas no ensino medio. Moitos dos seus poemas foron publicados en revistas como "Ólisbos", "Dorna", "Festa da Palabra Silenciada", en diversas publicacións colectivas, e na exposición "Botella ao mar". Ten colaborado con diversos xornais.
Algunha das súas obras: "Crear o mar en Compostela", "Baixo Miño", "Un mar de mulleres"..."
Grazas. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|