|
|
|
|
Recensión de Dun lago escuro no Diario de Pontevedra e en El Progreso |
|
Ramón Rozas publica no Diario de Pontevedra e en El Progreso unha recensión de Dun lago escuro:
"Marta Dacosta propón nesta travesía polo seu derradeiro poemario, «Dun lago escuro», percorrer ese itinerario carontino para situarnos ante nós mesmos á procura dunha resposta fronte á podremia que, esta sociedade na que nos tocou vivir, nos asulaga ata a asfixia... É a travesía a nado dun lago como metáfora da viaxe da vida na que adoitamos mirar cara o ceo mentres baixo nós amontóanse os cadáveres. Cómo nos gusta meter baixo a alfombra todo o que é suxo? Aquilo que nos fai darnos conta do que en realidade somos."
"Alucinacións, efectos surreais, xeroglíficos? estrañas percepcións para rachar o equilibrio, converténdose ao fin na incómoda peaxe da nosa travesía."
"... un poemario imprescindible hoxe para entender moito do que nos mergulla na desesperación. Palabras para rastrexar a incerteza. Palabras para respirar."
A recensión completa está en:
- Xerais
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|