|
|
|
|
Lecturas desde a periferia |
|
 Este mes de outubro é intensamente literario. Colaboracións, obradoiros, mesas redondas...
No medio do mes, o vindeiro 16 de outubro, viaxarei a Irlanda. Primeiro con destino a Cork, para participar en Lecturas desde a periferia, un pequeno simposio sobre as literaturas galega e vasca en que compartirei mesa e recital con Harkaitz Cano e Isaac Xubín. O acto está organizado polo Departamento de español, portugués e estudos americanos latinos da Universidade de Cork e o Centro de Estudos Galegos de Irlanda, que dirixe Martín Veiga.
A miña intervención sobre a poesía galega titúlase "Pegadas de Rosalía" e pretendo reflexionar sobre a situación do galego como lingua literaria e o papel das escritoras, 150 anos despois da publicación de Cantares Gallegos. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|