|
|
|
|
Memorias de cine |
|
Estes días lin "Eu son Espartaco", as memorias de Kirk Douglas sobre a rodaxe da película e o momento histórico en que se filmou. Achegueime a esta obra curiosa por saber un pouco máis daqueles anos de listas negras en Hollywood e atraída por un filme que está na miña memoria.
O libro fálanos da época, da rodaxe e, a parte dalgunha cita a ter en conta sobre a escrita de memorias, ten de interese algunha páxina coma est, en que se fala da España en que se rodou Espartaco. Un verdadeiro esperpento, cun ditador que pediu diñeiro para a fundación da súa señora a cambio de que Kubrick utilizase como actores os soldados do exército español que, por orde de Franco, non podían morrer en pantalla: "orgullo español" di Douglas.
O libro recibiu críticas de Kubrick, entre outros, o que, despois de ler o libro parece natural, pois a relación entre o actor e o director non é precisamente memorábel.
Unha das curiosidades é que Douglas, con máis de 90 anos, crea un libro no que comeza dicindo que o seu país segue hoxe dividido como entón.
Documento, ao fin, dunha época da que nos quedan as imaxes dunha película que Douglas identifica co remate das listas negras de Hollywood e que se rematou de filmar coincidindo coas eleccións en que Kennedy accedeu á presidencia de EUA.
O título, aquela frase memorábel: "Eu son Espartaco", que ten unha simpática anécdota sobre a súa gravación. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|