acuática


https://martadacostaalonso.wordpress.com/ https://www.facebook.com/marta.dacostaalonso

Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 OBRA
 CONTIDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 Arquivo

Luísa Villalta en Maleducadas






Hai varios días, a responsábel do blog Maleducadas pediume un texto para un especial sobre Luísa Villalta. Así que, comecei escribindo estas palabras:

Lembramos a Luísa

Neste mes de setembro lembramos a Luísa Villalta, a profesora, a violinista, a poeta, a amiga.
Cando volvo a vista atrás, dez anos despois, véñenme as imaxes do que debeu ser un dos últimos momentos que compartín con ela, a Cea das Letras do ano 2003. E hai unha fotografía que testemuña aquel encontro de escritoras e escritores, e no centro dela, azul índigo, Luísa.
Lembro a súa voz, nunca alterada, apaixonada nos argumentos en prol do autor ou do libro que ela coidaba merecente de premio, calma para reconducir un debate inesperado.
Mais, para min, Luísa é sobre todo a palabra en que me abrigo cando falo de nós, galegas ante páxinas en branco a golpes contra o teito. Mulleres que construímos un cuarto de noso e gardamos lonxe costureiros, fíos e agullas, para ocupar un escritorio sempre cativo para todas as palabras que precisamos erguer. Escritoras que non temos medo de pronunciar o nome da terra que cobre o corpo de Alexandre Bóveda.
Ela que quería unha lectora forte contra as agresións, ela que reclamaba unha transformación dos espazos en que o amigo nos acompañase, ela que desde o poema proclamaba:

Pergunto outra vez, a cada un que pasa,
se de verdade son unha muller, o que é iso,
se me enganaron sempre ou teño algun camiño.

Deixounos un legado inesquecíbel.

1 de outubro de 2014
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-10-2014 10:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0