acuática


https://martadacostaalonso.wordpress.com/ https://www.facebook.com/marta.dacostaalonso

Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 OBRA
 CONTIDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 Arquivo

Presentación de Argola en Compostela. Resumo
O pasado día 19 de febreiro presentamos Argola na Librería Pedreira de Compostela. A presentación foi organizada pola A. C. O Galo. Presentou o acto Marcos Maceira Eiras e falaron do libro Alicia Fernández e Brais Pedreira.

Alicia Fernández, quen me sorprendeu ao comunicarme que a lectura de Pel de ameixa, e outros libros doutras autoras, fora un dos motivos que a impulsou a escribir, fixo un percorrido polo libro sinalando tres núcleos temáticos: o corpo da muller, a relación co pai e a presenza do mundo mítico das lendas de tradición oral, ilustrando esta síntese coa lectura de diferentes versos.

Brais Pedreira centrou a súa intervención na análise dunha das liñas de lectura do libro: o corpo da muller como campo de batalla, ilustrando a súa intervención cunha imaxe dunha performance da artista guatemalteca Regina José Galindo, que pretende denunciar a utilización do corpo da muller en contextos de represión, unha imaxe que pertence a unha exposición de denuncia das inxustizas sociais: ?Piel de gallina?.
Comentarios (0) - Categoría: Argola - Publicado o 21-02-2014 08:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0