acuática


https://martadacostaalonso.wordpress.com/ https://www.facebook.com/marta.dacostaalonso

Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 OBRA
 CONTIDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 Arquivo

Manuscrito do poema Soñeite
O pasado 22 de outubro, Ramón Nicolás publicaba no seu Caderno da Crítica outro poema meu en versión manuscrita.

Xa anteriormente publicara outro poema manuscrito escrito en 2008 e logo publicado en Acuática alma.

Desta vez o poema escribiuse o 13 de agosto de 2010 por primeira vez, mais sufriu varias modificacións, algunhas xa nese primeiro momento, para finalmente ofrecer unha versión impresa que garda diferenzas co orixinal manuscrito.

Este poema foi escrito para Pel con pel, un proxecto coordinado por Francisco Castro e publicado por Galaxia en colaboración con Fedegalma.

Non foi un encargo doado. Realmente os encargos nunca o son. Mais ao final centreime nesa idea,na do amor que as fillas e os fillos senten pola súa nai:

...
non dei soñado
que ti
ti me amarías ámasme
porque si
desde sempre
sen contrato nin causas
sen motivo
que sería que son
a muller máis fermosa e máis sabia
a medida do mundo
a medida da vida



Unha vez máis, agradézolle a Ramón Nicolás esta fermosa iniciativa, unha forma máis de axudar a difundir a poesía.
Comentarios (0) - Categoría: textos editados - Publicado o 30-10-2013 18:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0