|
|
|
|
Manuscrito en Caderno da Crítica |
|
 Hai uns días, Ramón Nicolás convidábame a enviarlle un manuscrito para unha nova sección do seu Caderno da Crítica. Aceptei gustosa e días despois preparei algún material para enviarlle. Nese material estaba a primeira versión manuscrita do poema que ten por primeiro verso ?non foi suficiente?, publicado en Acuática Alma o pasado decembro de 2011.
Como se pode ver na imaxe o poema está escrito case de corrido, con algunhas riscadelas que mostran a vacilación no momento da escrita. Como sempre que escribo a man consta a data en que o fixen, neste caso 24 de marzo de 2008. Hai algún tempo comecei anotar tamén datos significativos, neste caso o motivo que deu lugar ao poema, un asasinato horripilante dunha muller. Terrorismo de xénero.
Algunha das veces que lin este poema en público dixen que o seu tremendismo non tiña nada de esaxerado, pois a realidade fora aínda moito máis cruel. E a nota que figura ao lado da data, dá conta diso.
Até chegar á súa forma definitiva, mais desta volta sen manuscritos que o demostren, houbo aínda algúns cambios, como se pode ver na versión publicada definitivamente. Vicio de autora, que pasa e repasa e nunca está conforme, a pesar de que moitos poemas sexan escritos dunha tirada.
Só me resta agradecerlle a Ramón Nicolás esta fermosa iniciativa, este vernos un pouquiño máis por dentro, a través da nosa caligrafía e as nosas dúbidas.
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|