|
|
|
|
tirando dun fío |
|
 escoitas unha canción do século pasado
e
como tirando dun fío
o pasado precipítase
amoréase impaciente ante os ollos da memoria
unha moza sentada no chan
descalza
que grava unha canción incompleta
que memoriza un poema
que é case unha definición
unha premonición
que entenderá
co andar dos anos
tras as cortinas das ventás vertixinosas
a luz cegadora dun verán case iniciático
o mundo era pequeno
e todo
todo
estaba por facer
todo agardaba
ela agardaba
abriu as portas de par en par
con saias de cores rechamantes
dourando a pel en tardes preguiceiras
deixando que o salitre deseñase carreiros
entre a penuxe invisíbel do seu ventre
tan estridente como a cor amarela dunha camisola de verán
era a ansia de fuxir e devorar a vida
unha bandeira de afirmación para salvarse
e ser ela
só ela
para sempre
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|