|
|
|
|
Paremos os ataques contra o galego |
|
Mañá estaremos en Compostela. Nada nos vai parar, temos a forza das avoas con todas nós e non imos permitir os ataques á nosa lingua.
Había unha ameixeira ao pé da casa
árbore sempre verde que eu recordo,
e miña nai a roubar antes de tempo
aquel certo veludo que cegaba.
Había unha ameixeira ao pé da casa
en que eu sen saber, souben da lingua
aquela que tiñamos agachada
aínda que sempre alí, ao pé da casa.
Setembro, 1998
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|