|
|
|
Os mellores de poesía en Fervenzas literarias |
|
O blog Fervenzas Literarias acaba de facer públicos os mellores libros do ano 2011.
Estes son os mellores en poesía segundo os parrticipantes na enquisa:
1. Poesía completa (Xerais) de Lois Pereiro
2. Acuática alma (Espiral Maior) de Marta Dacosta
3. Desobediencia (A porta verde do sétimo andar) de Rosa Enríquez
4. Versos fatídicos (1994-2010) (Positivas) de Alfredo Ferreiro
5. Antítese da ruína (PEN Clube) de Emma Pedreira
6. Fedor (Sotelo Blanco) de Luís Valle
7. Todas as mulleres que fun (Corsarias) de Andrea Nunes Brión
8. Pintalabios (Toxosoutos) de Ana Cibeira
9. As crebas (Espiral Maior) de Miro Villar e Amantes (Caldeirón) de María Lado
Sorprendida e enormemente contenta de que Acuática alma estea en 2º lugar.
MOITAS GRAZAS!! |
|
|
|
2 Comentario(s) |
|
1 |
Tendo en conta que a poesía de Lois Pereiro non era unha novidade de 2011 e que era o homenaxeado no Día das Letras (a ver quen compite con iso!), ese número 2 ten na realidade todo o sabor do número 1.
É unha mágo#blgtk08#a que na listaxe non apareza "Crac", de Gonzalo Hermo. Tivo problemas de distribución durante meses, mais para min é un libro que tiña que figurar nese ránquing. Se non o liches, recoméndocho!
Moitísimos parabéns! |
|
|
Comentario por Carlos Callón (17-01-2012 11:33) |
|
|
2 |
Moitas grazas Carlos...
#blgtk08#>
E tomo nota da túa recomendación |
|
|
Comentario por Acuática (17-01-2012 14:19) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|