|
|
|
|
A sombra que nunca se domina |
|
A sombra que nunca se domina
cando esperto á mañá
ou cando agardo ao sono
xa lendo, xa en silencio
no medio do balbordo
o medo impón a sombra
que tan longa se estende
sen que o sol me permita
achar a súa medida
deseñar o artificio
que poida superala
como a vella da praza
cos pratos da balanza
poño e retiro pesas
sen que o fiel se deteña
así que sen sosego
bato na anca erguida
para chegar á luz
só a egua desbocada
que habita no faiado
pode saltar a sombra
que nunca se domina
Este poema inédito foi un dos tres que enviei a Miguel Losada para seren incluídos no 2º número da revista Áurea do Ateneo de Madrid, que se presentou o pasado 19 de decembro.
Actualización en 2012:
Finalmente estaba errada, non foi este un dos poemas publicados na revista Áurea. |
|
|
|
1 Comentario(s) |
|
1 |
Eu tamén quero unha égua desas para saltar as #blgtk08#sombras, o meu poldro coxo ás veces cae nelas. |
|
|
Comentario por Hermaco (13-01-2012 10:46) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|