acuática


https://martadacostaalonso.wordpress.com/ https://www.facebook.com/marta.dacostaalonso

Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 OBRA
 CONTIDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 Arquivo

Presentación de ACUÁTICA ALMA en Gondomar
Onte foi a presentación de Acuática alma.

Moitas grazas a todas e a todos por acompañarme onte.

Grazas a Miguel Anxo Fernán Vello e a Miguel Anxo Mouriño pola presentación, a Duna Corredoira e Aldán López pola súa colaboración no recital e a Tokio por facer o vídeo do poema Acuática alma. Grazas tamén aos compañeiros do IEM por acoller e organizar o acto.

Déixovos unha mostra do que foi a presentación elaborada polo IEM



Referencia ao acto de presentación e ao libro en www.valminor.info:

Acuática alma consta de catro partes precedidas dun poema-metamorfose e finaliza co poema longo Adartia, unha reelaboración da deusa céltica en contraposición á personaxe de Homero, Nausícaa. O libro foi presentado o día 29 na aula Ponte de Rosas do Instituto de Estudos Miñoranos. No acto de presentación participaron o poeta Miguel Anxo Fernán Vello, director de Edicións Espiral Maior, e o escritor e director da sección de Lingua e literatura do IEM, Miguel Anxo Mouriño, así como a propia autora.

Miguel Anxo Fernán Vello destacou que estamos ante un libro de madurez, no que cabe salientar o simbolismo da auga, que emana xa do propio título, onde o fonosimbolismo actúa como porta de entrada a un libro en que o ritmo e o valor fonético das palabras teñen un papel destacado.

Miguel Anxo Mouriño sinalou que o poemario trata da inxustiza, xa sexa pola morte inesperada, a violencia contra as mulleres ou a das agresións á natureza e aos seres vivos. Mouriño presentou á autora como unha persoa comprometida co seu tempo, coa nosa lingua e coa nosa literatura.

O acto de presentación rematou cun recital no que a autora estivo acompañada de Duna Corredoira e Aldán López, dous actores novos que forman parte da Escola de Teatro de Gondomar, Pritis guomins.

Imaxes da presentación: Album no FB.
Comentarios (0) - Categoría: Acuática alma - Publicado o 30-12-2011 13:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0