|
|
|
|
URBANO |
|
URBANO é o título do libro dixital editado hoxe mesmo con motivo da celebración do día de Lugrís.
O colectivo Nave das Ideas realizou esta publicación e pediume un poema para ilustrar o cadro botella e barco. Velaquí o tedes.
O libro podedes lelo e descargalo aquí.
Un barco nunha botella
vela inchada
a todo vapor o barco navega
persegue o seu horizonte
cre
no mar aberto, profundo
mar de ondas contra a costa
libre
a todo vapor
de vela inchada o barco navega
non ve
o vidro que rodea o seu mundo de mentira
que nada hai baixo a superficie das augas
que non hai peiraos en que atracar
nin cantís, nin ondada
nin illas para soñar
navega o barco
navega
sobre as escumas do engano
e ti que o ves
só reparas
na fermosura do barco
no interior da botella
ese mundo fráxil
falso
e ti que o ves
só sinalas
a habelencia da man
que tan ben soubo
pechalo
decembro 2011.
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|