Este sábado 22 de outubro, participei en Vilanova de Cerveira na homenaxe organizada polo Filminho en honra de
Eliseo Alonso. O acto foi aberto por Helena Pousa que fixo un percorrido pola vida e a obra poética do autor, falando a continuación a súa filla Alicia Alonso, que ofreceu unha visión máis próxima.
Logo comezou o recital. Eu, que non coñecín a Eliseo Alonso, agradecín a realización do acto porque, como persoa e como escritora, valoro como moi importante a difusión e profundización na obra dos autores de noso, moi especialmente naqueles territorios onde viven os que compartiron tempo con el, ou os que sentiron falar da súa presenza.
Outros participantes falaron da súa relación con Eliseo, ?Saito?, ou dalgunha anécdota da súa biografía. Esperanza Vázquez interpretou varias pezas musicais a partir de poemas do autor, o que foi para min unha auténtica revelación.
Gustei do acto, no que Helena reivindicou un día das letras para Eliseo Alonso, como medio de recoñecemento do autor e de difusión da súa obra. Saín de alí, da Porta XIII en Vilanova de Cerveira, coa intención de procurar os libros que na casa hai de E.A., como el dicía, e reler os seus poemas.
Velaquí o poema que lin: