|
|
|
|
Vítimas do franquismo |
|
Busco na prensa, non atopo información do pequeno, mais emotivo acto de onte, en Baredo, outra vez na Volta dos nove.
Todos os anos, o Instituto de Estudos Miñoranos lembra aqueles feitos. Nunha volta da estrada que une Baiona coa Guarda, no lugar chamado da Bombardeira, por mor do ruído do mar cando choca contra as rochas da costa, está o monumento realizado por Fernando Casás. Do outro lado da estrada, por tras da malla de aramio que impede o desprendemento do monte, seguen as nove cruces que lembran aos nove asasinados.
Onte Carlos Méixome dixo que precisamos saber os nomes, os nomes da vítimas ás que hai que rescatar dos lugares en que foron ocultadas, os nomes dos vitimarios que as masacraron, os nomes dos salvadores, entón, o día que coñezamos todos os nomes deixaremos de estar na memoria, entón estaremos na historia.
Neste momento o IEM está colaborando na exhumación das cinco vítimas enterradas no cemiterio de San Pedro de Grandal en Pontedeume, entre elas o avó de Francisco Rodríguez, e pouco a pouco irán saíndo os resultados.
Aqueles ósos por fin poderán descansar onde os seus familiares decidan, onde todas e todos saiban que están.
Aquí podedes ver algunha foto do acto. |
|
|
|
3 Comentario(s) |
|
1 |
Oxalá que se descubran eses nomes e p#blgtk08#asen a formar parte da nosa historia. |
|
|
Comentario por Eva G. Rei (19-10-2011 00:14) |
|
|
2 |
Oxa#blgtk08#lá |
|
|
Comentario por Acuática (21-10-2011 18:02) |
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|