|
|
|
|
Beach e Monnier |
|
A vida ás veces segue camiños inexplicábeis.
Manuela e eu estamos de aniversario o mesmo día. Este ano eu esquecín o seu agasallo, mais ela non esqueceu o meu. Encargoulle a Aida que buscase algo acaído. E atopouno. Cando abrín o paquete non puiden deixar de soltar unha exclamación de sorpresa e alegría. Dentro estaba Rue de l?Odéon, o libro de Adrienne Monnier.
Eu estou a ler as memorias de Sylvia Beach, outra libreira parisina, propietaria de Shakespeare & Co, a librería que visitei en decembro de 2009 e que tanto me impresionou (aí estou entrando nesa borrosa foto do móbil). Tanto, tanto, que no pasado aniversario me regalaron as memorias de Beach, que aínda agora comecei ler. E cando estou nestas, sabendo das estratexias que seguían para vender os libros, ou das peripecias para a publicación do Ulises de Joyce, vai e me agasallan o libro de Monnier, a amiga de Beach, a que a acolleu e lle aconsellou como pór en marcha a súa propia librería.
Por Shakespeare & Co e por La Maison des Amis des Livres, as librerías de Beach e Monnier respectivamente, ambas as dúas na Rue de L?Odéon, pasaron André Bretón, Samuel Beckett, Ernest Hemingway, James Joyce? e moitos outros.
Agora vou ter un libro máis para coñecer aquela época, para saber tantas cousas que, aínda que parezan distantes no tempo e no espazo, botan luz sobre a nosa realidade, axudándonos a interpretala.
Grazas aos que me agasallades o que máis me gusta.
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|