|
|
|
|
O enigma do segredo |
|
Este venres día 30 presentei no Verbum a Carme Kruckenberg e o seu libro O enigma do segredo. Cando tomei a palabra xa expliquei que me sentía moi honrada e que me desculpaba se a miña presentación non estaba á altura que unha persoa como Carme Kruckenberg merece.
Carme Kruckenberg fíxome un fermoso agasallo ao pedirme que presentase o seu libro. Porque foi un verdadeiro agasallo lelo, atoparme con algúns dos poemas que xa nunca esquecerei, e poder expresarlle ante unha sala ateigada a admiración e o cariño que moitas escritoras sentimos pola súa traxectoria.
Este libro de Kruckenberg é un libro confesional, un libro para deixar constancia definitiva de cal foi o seu leiv-motiv:
?Estou xulgada xa hai moito tempo
como seu non fose deste mundo antigo?
Eu son desta paisaxe e desta orela
que me viu nacer un día á vida?
Eu son desta Galiza, sangue e pedra
desta Galiza sempre illada e soa.
Pero esta Galiza é a miña terra.?
Ao lelo entendín por que Carme me pedira que llo presentase, a súa non foi unha elección ao chou. E eu agradézollo, porque me reafirmei ante os seus versos. Por exemplo ante este poema:
"Hai o que hai
sen máis variacións específicas.
Un pozo de auga doce no deserto
é un pensamento deprimente,
porque raramente é verdadeiro.
Pero se soñas cunha palmeira
rompendo o encanto da paisaxe
é real, absolutamente certo.
O importante é saber onde se está
sen circunloquios mentais.
O deserto non precisa
máis que a beleza extraordinaria
de miara unha noite cara ao ceo?
E respirar o infinito."
Un poema que nos fala de que na realidade reside a beleza, de que a arte está no que nos rodea (como tamén dixo Benedetti), que a poesía nos permite petar nas conciencias, aínda que historicamente, patriarcalmente, desde a cultura do capitalismo se nos inculcou que o mundo real é feo e deforme. Non hai que buscar no sobrenatural, como di Kruckenberg noutro poema, non hai que inventar o que non existe, cando a propia realidade contén en si mesma toda a beleza que poidamos precisar.
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|