|
|
|
|
PARABÉNS para Agustín Fernández Paz |
|
Agustín Fernández Paz acaba de recibir o Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil, e alegrámonos e sentímonos orgullosas. Enviámoslle os parabéns a Agustín publicamente e declaramos alto e forte que el é exemplo do que a nosa lingua é: UNIVERSAL.
O día transcorreu veloz, ocupada en miles de cousas, até chegar agora a casa non puiden sentarme con vagar ante a pantalla do ordenador, por iso non compartira aínda hoxe as mencións ao orgullo e a ledicia deste premio.
Porque de Agustín fala o Facebook, os blogs, algúns medios de prensa escrita, mais, como moi ben recolle Carlos Callón, de Agustín Fernández Paz non falou a televisión galega, como din outros internautas, non houbo nota de felicitación da Consellaría? será que aínda lles doe aquel seu acto consecuente e comprometido co noso idioma.
Pois mentres outros calan, outros que tiñan que falar e demostrar orgullo por este premio para a literatura galega, mentres si lle dan cabida aos que agora se unen seguindo a estratexia que outros seguiron en Galiza, trasladándoa ao conxunto do Estado na precampaña electoral, coa finalidade de encamiñar o discurso do partido que pode gañar as eleccións e así logo esixir cumprimentos contra as linguas nacionais. Digo que, mentres outros calan eu si quero falar da importancia deste recoñecemento para o autor e para a lingua coa escribe, a nosa. Un autor ao que todas e todos queremos, e que tanto nos aprendeu aos que fomos os seus alumnos, xa fose na escolar ou no Centro de Formación, nunha conferencia ou nunhas xornadas. Porque Agustín tamén é mestre, esa profesión que os mesmos que o calan se empeñan en desprestixiar.
Grazas Agustín polas túas palabras, as que nos aprenden, as que nos acompañan, as que nos poñen no mundo, as que falan de nós, galegas e galegos.
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|