|
|
|
|
Inauguración da Mostra das tradicións mariñeiras |
|
O venres 22 fun convidada a participar no acto que abría a III Mostra das tradicións mariñeiras na Guarda. O meu cometido era falar do traballo das mulleres do mar. E iso fixen, falei das mulleres que son un elemento fundamental no desenvolvemento socioeconómico do noso país, por selo tamén no sector da pesca.
O meu papel era falar do punto de vista feminista, porque efectivamente penso que só desde unha práctica feminista podemos chegar á valorización do traballo das mulleres e do que este representa para o noso país, porque a práctica feminista carece de prexuízos de xénero e é quen de colocar á muller no centro do estudo e, así, analizar sen prexuízos unha realidade obxectiva.
Expliquei que era o proxecto ?Un mar de mulleres? e que me parecía fundamental para rachar coa invisibilidade á que estamos sometidas, paso previo para romper o teito de cristal que nos oprime e, daquela, poder responderlle a unha das entrevistadas no proxecto, aquí as están, cando volva preguntar: ?Para cando unha patroa maior??
Dixen o que tiña que dicir e comprobei, que aínda hoxe, estas verdades non son ben aceptadas.
Teremos que seguir afondando.
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|