|
|
|
|
Entrega dos premios Diego Sarmiento de Acuña |
|
Onte, 20 de xuño, entregáronse os premios Diego Sarmiento de Acuña.
Correspondeme conducir o acto e considerei oportuno dirixirlles aos presentes estas palabras, entre outras:
"... cómpre contarmos con certames coma este, porque con eles ampliamos a riqueza da nosa literatura, abrindo camiño para que o día de mañá a nómina de escritoras e escritores se alargue cos vosos nomes e tamén porque con el lembramos a figura de Diego Sarmiento de Acuña, o home que no século XVI fixo coñecer ao mundo o nome de Gondomar, despois de defender Galicia dos asaltos do capitán Drake nas costas de Baiona, e de converterse no primeiro embaixador español en Londres, chegando ser unha figura dunha importante posición política. E non só, a través do seu epistolario podemos comprobar que el foi un defensor do galego en plena decadencia, nos ?séculos escuros?.
E ao final ese é o motivo que nos trae aquí, a nosa lingua, fortalecer o noso idioma, hoxe a través da narración e a poesía, dos vosos textos.
...
(manter vivo o noso idioma) É a nosa responsabilidade ante o futuro. Por iso certames coma este buscan máis amantes da nosa lingua, para que siga latindo sen parar." |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|