|
|
|
|
Non hai noite tan longa |
|
Despois de ler o outro día o comentario que o amigo Ramón Nicolás facía de ?Non hai noite tan longa...? quedoume o libro de Agustín Fdez Paz na cabeza. Xa había tempo que reparara nel por mor da suxestiva fotografía da portada e, onte mesmo, a iso das once e media da noite, lembrei e usei a cita que dá lugar ao título: ?Reunide todo o ánimo que poidades. Que non hai noite tan longa que non remate en día?.
Hoxe, que estou en sintonía coa natureza, e como o Tegra amencín con néboa mesta que non se deu levantado na calor do día, atopeime cunha entrevista de Agustín no Zig Zag e entendín que non podía rematar o día sen iniciar a lectura do libro, como quen prepara unha tisana reparadora. Así que chamei a Libraida para comprobar que estaba na librería. Casualmente veño de comprar unhas gafas e un gorro para nadar, así que estou totalmente preparada para me mergullar na lectura.
Porque mergullarme na lectura e na auga son para min dous enormes praceres. E xa que comecei o día nadando, xusto é que o remate lendo, regalándome a calma que merezo.
Aí vou?
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|