|
|
|
cabalo de area |
|
 |
|
|
|
Para o 17 de maio de 2015 |
|
 As rapazas do Espazo Feminista da Liga iniciaron unha campaña de visibilización das escritoras para este 17 de maio:
"Con motivo do Día das Letras Galegas, o Espazo Feminista da Liga decidimos levar a cabo unha campaña para concienciar sobre a escasa presenza de mulleres nesta homenaxe, xa sexan galardoadas (tan só tres) ou candidatas.
Queremos pór en valor a riqueza da que gozamos na literatura galega escrita por mulleres, polo que dedicaremos unha semana a recuperar estas figuras mediante a escolla dalgún verso dun poema ou un fragmento dunha obra (ou incluso frases das nosas cantautoras e artistas) pintado sobre un corpo e realizando unha fotografía.
A proposta estará aberta á participación de calquera persoa que queira enviar a súa propia imaxe e subirémolas ás redes durante a semana do 11 ao 17.
Agardamos que vos guste a nosa proposta e que sumedes a este proxecto as vosas contribucións emoticona smile"
Foi así como escolleron uns versos de As amantes de Hamlet e publicaron esta fermosa foto.
E este o texto que a acompaña:
Autora: Marta Dacosta
"Só que procuro escribir co corazón, co firme propósito de revolverlle o estómago ao que se senta fronte aos meus poemas, e que aínda teño que escribir o poema máis importante, pero non sei cando poderei facelo, porque ese, o poema comprometido co tempo en que estou a vivir e coa miña condición humana, precisa dunha voz sólida e un pulso firme."
Vigo (1966). Poeta, licenciada en filoloxía galego-portuguesa. É profesora de lingua e literatura galegas no ensino medio. Moitos dos seus poemas foron publicados en revistas como "Ólisbos", "Dorna", "Festa da Palabra Silenciada", en diversas publicacións colectivas, e na exposición "Botella ao mar". Ten colaborado con diversos xornais.
Algunha das súas obras: "Crear o mar en Compostela", "Baixo Miño", "Un mar de mulleres"..."
Grazas. |
|
|
|
En memoria de Isabel |
|
 Marilar Aleixandre lémbrame este poema, un poema escrito a partir das lendas das lavandeiras e que forma parte dun conxunto en que a literatura de tradición oral é protagonista.
Un poema para deixar pegada de que o sangue é o noso sino, desde o parto, até a morte, cada mes, cada vida.
Hoxe, non queremos conter a rabia. |
|
|
|
pasamos polo tempo |
|

|
|
|
|
8 de marzo |
|

|
|
|
|
Ruído |
|

Agasallo para quen me acompañou nas presentacións de Dun lago escuro, especialmente Pedro Feijoo e Yolanda Castaño.
Grazas! |
|
|
|
Polas fillas dos nosos fillos |
|

|
|
|
|
Haiku neofalante |
|

|
|
|
|
entender o tempo |
|

Do libro En atalaia alerta |
|
|
|
2015 |
|
 |
|
|
|
|
|
|