|
|
|
Osmunda |
|
 |
|
|
|
|
|
 |
|
|
|
Colaboración con Pendellos de Agolada |
|
 Derradeiros estertores
ventás a medio fechar
de follas desgonzadas
táboas rotas contra a porta
fanada, triste
musgo desgreñado que non consegue ocultar
tellas rotas ou ausentes
fachadas con manchas que van devorando
a eternidade da pedra
coma o cancro
móbeis que son restos de fogueiras
que non calmaron o frío
anacos de leito sen descanso
estelas que se cravan
e non fan sangrar as lembranzas
aquel edificio erguido contra o mar
lugar en que xogaron á ilusión de refuxiarse
nunha oración
tan inútil coma os recordatorios que quedaron nas gabetas
deveu ruína
ferida no barrio vello
entre as ruelas en que se teceu a memoria
da fame e dos segredos
eslúese
nesa aparente somnolencia
dos derradeiros estertores
Marta Dacosta Alonso
Poema inédito-xullo de 2018 |
|
|
|
Abandonádeme |
|

|
|
|
|
Na casa da avoa |
|
 Este ano foi o ano de NA CASA DA AVOA.
Quero agradecerllo á editorial, Galaxia, e ao seu director, Francisco Castro, que o mesmo 2 de xaneiro me convidaba a enbarcarme nesta viaxe, sen eles hoxe non compartiría con vós este poema.
Ilústroa cunha fotografía que me apaixonou e que me lembra os días de paz.
Por un 2018 cheo de poesía! |
|
|
|
a fraga devastada |
|

|
|
|
|
|
|

|
|
|
|
Seca |
|
 "Seca", agosto 2017. Lagoa de Xuño. Praia de Basoñas. Porto do Son |
|
|
|
Pateleiras |
|
 Do Pindo a Combarro.
Das Xornadas da pesca ao Encontro de embarcacións tradicionais.
Versos, humildes, para homenaxear ás traballadoras do mar, aínda non ben recoñecidas. |
|
|
|
Iupiter |
|

|
|
|
|
|
|
|