acuática


https://martadacostaalonso.wordpress.com/ https://www.facebook.com/marta.dacostaalonso

Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 OBRA
 CONTIDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 Arquivo

Os morcegos de Mafra
arquivo Marta DacostaInmensa. Así é a biblioteca do convento de Mafra. A mastodóntica afirmación imperial de João V nas terras do norte de Lisboa. O seu xeito de facer ostentación pétrea do seu poder, a custe do ouro do Brasil, ou o que é o mesmo, a custe do sangue brasileiro.

A biblioteca dependía dos franciscanos, que habitaban o convento, até que o Marqués do Pombal decidiu instalar alí os agostiños buscando unha saída ao elevado custe de mantemento dos franciscanos. Foron os agostiños os que edificaron a biblioteca tal e como hoxe a coñecemos. Anos máis tarde a biblioteca volveu ás mans dos franciscanos que son os responsábeis da súa organización, que aínda perdura hoxe.

Non hai nada casual. A biblioteca ocupa esa parte do edificio por ser onde se daban as mellores condicións climáticas. O fondo dos andeis non toca coa parede para impedir que a humidade chegue aos libros que, por súa vez, tampouco tocan o fondo.

A biblioteca garda incunábeis como a Opera Omnia de Homero, ou a 1º edición da Enciclopedia de Diderot e D?Alambert.

Mais o que máis me sorpredeu foi saber que hoxe os expertos na súa conservación son os morcegos. Dentro da biblioteca viven os pipistrellus e rhinolophus que se encargan expresamente de devorar todos os insectos que pretenden atacar os libros, manxares de fariña e sementes cos que un día foi feito o papel e a cola que o engoumou. Así libros e morcegos habitan aquel enorme espazo, beneficiándose mutuamente.

Poderán os morcegos, cos seus radares diminutos, adiviñar que alí, no segundo andar, xusto onde pon ?Miscelânea vária?, agardan, perfectamente ordenados, os libros prohibidos outrora?
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-08-2010 12:06
# Ligazón permanente a este artigo
O convento visto por Saramago
Foto de wikipedia"... em Mafra sei que se constrói um convento por causa de voto em que fui parte, e nunca ninguém de cá me levou a vê-lo, há nisto muita cosa que não sei entender ...

Minha filha e futura rainha, (...) a real vontade de teu pai e senhor nosso quis que se levantasse o convento, a mesma real vontade quer que vás para Espanha e o convento não vejas, só a vontade de el-rei prevalece, o resto é nada (José Saramago, Memorial do convento, p. 315).
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-08-2010 11:46
# Ligazón permanente a este artigo
Mark Knopfler
Gustaríame ter estado alí, mais debo conformarme coas novas do telexornal, e os meus discos.

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG


E volver oír esta música, da non menos inesquecíbel Last exit to Brooklyn:

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-07-2010 18:09
# Ligazón permanente a este artigo
os bardos fillos teus a voz levanten
arquivo Marta Dacosta
¡Ouh Galicia, Galicia!, a harpa sonora
pronto descolga xa
da seca ponla onde olvidada dorme,
dorme, a sigros contar.
Os bardos fillos teus a voz levanten
das cordas ó compás
i enchan o mundo harmónicas i altivas
tan só pra te alabar.


Rosalía de Castro, "¡Terra a nosa!", Follas Novas, 1880.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-07-2010 18:18
# Ligazón permanente a este artigo
15 de xullo, da Adina a Bonaval
Foto de Marta Dacsota por Óscar Dacsota no Xornal
Grazas a todas e a todos.
Foi un fermosísimo acto.
Grande, moi grande.
Emocionante.

A foto foi tomada por Óscar Dacosta e está publicada no Xornal. Así participei no cortexo, cos versos de Negra Sombra no peito, e o meu libro de Cantares Gallegos, aquel que lin sendo nena, a edición conmemorativa do centario de Cantares Gallegos, publicada por Galaxia en 1963, con prólogo de Fermín Bouza Brey. Un libro iniciático para min.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-07-2010 10:43
# Ligazón permanente a este artigo
Así descubrín a Rosalía ...
- 1 -

«Has de cantar
que che hei de dar zonchos;
has de cantar,
que che hei de dar moitos.

- I -

«Has de cantar,
meniña gaiteira,
has de cantar,
que me morro de pena.

...

Cantarte hei, Galicia,
na lengua gallega
,
consolo dos males,
alivio das penas.

...

Que así mo pediron,
que así mo mandaron,
que cante e que cante
na lengua que eu falo
.

Que así mo mandaron,
que así mo dixeron...
Xa canto, meniñas.
Coidá que comenzo.


Cantares Gallegos.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-07-2010 10:10
# Ligazón permanente a este artigo
15 de xullo
Mañá ás 3 da tarde collerei o autobús que me levará ao cemiterio da Adina. Desde alí iniciaremos o cortexo cívico-reivindicativo cara a Bonaval. 125 anos depois do seu pasamento, 119 anos despois de que nun acto como o que mañá reviviremos se inaugurase o Panteón dos galegos ilustres, temos que tornar ás portas de Bonaval para reclamarmos o que é lexítimo, o que é de dignidade e de dereito.

Algo se moveu desde que o acto se fixo público, mais nós reivindicaremos o uso público do Panteón , porque queremos seguir honrando aos que nos precederon, honrándonos a nós mesmos, cada vez que o precisemos e decidamos.

En blogues pola lingua, alguén propoñía o outro día facer unha entrada nas nosas xanelas poñendo un poema de Rosalía o día 15 de xullo, baixo o título de: "Así descubrín a Rosalía..."

Mañá colocarei ese poema, o primeiro poema de Cantares Gallegos, na edición de 1963 que un día atopei no armario do corredor na miña casa de Vigo, gardado desde a mudanza canda outros exemplares de Galaxia de antes de nacer eu, todos eles forrados con papel de estraza azul.

Tería eu 12 anos, ou menos, e iniciei o que logo foi unha relectura constante dos seus versos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-07-2010 17:45
# Ligazón permanente a este artigo
As letras da Galiza na Feira do libro de Barcelos
foto de Tokio
Ía o reloxo para as 22 horas e o noso Vergílio (Alberto Vieira) conduciunos á carpa habilitada para os actos centrais da Feira do Libro de Barcelos. Ante un público importante, a sala case se encheu, falamos das ?Letras da Galiza?. O acto foi organizado por Víctor Pinho, o bibliotecario do Concello de Barcelos, e contou coa presenza da vereadora de cultura.

Eramos Francisco Castro, Carlos Quiroga e eu mesma, e tivemos que responder a dúas cuestións:

1. Presentación individual da nosa obra e contextualización no panorama literario galego.
2. A pegada e o peso doutras literaturas na nosa obra, e da literatura portuguesa en particular, a nosa relación con ela.

Respondimos ás preguntas de Virgílio poñendo sobre a mesa a nosa pertenza a unha xeración nacida no franquismo, que viviu a súa adolescencia durante a transición e que puido estudar a súa lingua no Ensino Secundario (os de 1966, ou sexa Francisco e eu, somos da primeira promoción que tivo esa sorte). Non é calquera dato, porque ao lado dos estertores dun tempo co que cumpría rematar, vivimos o desexo da normalidade para a nosa realidade identitaria.

No meu caso, falei de como cheguei á literatura portuguesa, primeiro seguindo a rota de Pessoa e logo a través dos estudos universitarios que me permitiron coñecer a obra de Santareno, Namora, Vergílio Ferreira... logo eu me encargaría de traer de Portugal en cada viaxe distintos títulos, entre eles de Saramago, e, nos último tempos, da miña admirada Ana Luísa Amaral, coa que me identifico dalgún xeito.

Houbo preguntas, e acabamos falando do concreto e palpábel: o presente político e cultural de Galiza. O público conectou con nós, era un público avisado, sabía das teimas dos nosos gobernantes, das nosas manifestacións en defensa do noso idioma.

E rematamos lendo algún texto propio. Sobre a mesa estaba un exemplar de Obra poética de Rosalía de Castro que pertencera a Eugénio de Andrade, quen se fixera con el en 1951. Dixo Vergílio Vieira que aínda o autor estaba comezando a construír a súa obra literaria, daquela, cabe pensar que Rosalía deixara algunha pegada na súa obra poética... e será.

Só me resta reiterar o que dixen ao tomar a palabra a primeira vez: obrigada. Obrigada por ter sido convocada, xunto con outros autores, a falar fronte por fronte co público portugués, pois cómpre que prescindamos de intermediarios, que deamos de lado o centralismo das vías de comunicación que pasan por Madrid e transitemos de norte a sur, cruzando o río que nos une, tantas veces como nos preste ou sexa necesario.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-07-2010 14:45
# Ligazón permanente a este artigo
15 de xullo, cortexo cívico-reivindicativo

En 1891, un 25 de maio, inaugurouse o Panteón de Galegos Ilustres co traslado dos restos de Rosalía.

En 1904 Curros realiza unha ofrenda floral ante a súa tumba.

Este poema foi publicado na revista Aires da miña terra en 1906.

Loitemos para que o Panteón sexa un lugar de uso público.

15 de xullo, cortexo cívico-reivindicativo, da Adina (Padrón) a Bonaval (Compostela)
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-07-2010 23:53
# Ligazón permanente a este artigo
O agasallo
Primeiro de nada debo dicir que estou moi agradecida a Remexer na lingua e a SNL Redondela, por se ter lembrado desta xanela cando nomearon 10 cadernos que eran para eles un blog no que "paga a pena ficar de ollo". Hai que recoñecer que unha distinción así é unha inxección de autoestima, tan necesaria algunhas veces.

Así que un saúdo afectuoso os amigos e amigas de Remexer na lingua e SNL Redondela e, agora, tarde, como fago as cousas ultimamente, cumpro coa miña encomenda. Estes son os blogs en que "paga a pena ficar de ollo":

O papasol
Milprimaveras
Caderno xeral
Beber na fonte limpa
Galiza en loita
A eira de Balixe
Casatlantica
O bló de L&M
O blog de Carlos Callón
Papiros de Hermaco



Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-07-2010 21:06
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Acuática

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0