acuática


https://martadacostaalonso.wordpress.com/ https://www.facebook.com/marta.dacostaalonso

Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 OBRA
 CONTIDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 Arquivo

Presentación da Asociación Cultural O Castro
Para os que estades en Vigo, ou próximos. A.C. O Castro
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-11-2010 21:57
# Ligazón permanente a este artigo
Parabéns a Agustín Fdez Paz
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-11-2010 16:54
# Ligazón permanente a este artigo
A literatura galega de hoxe ante o seu idioma
Este era o subtítulo da mesa de onte, que non sen intención tiña como título o verso de Letanía de Galicia: "Recóllote i érgote no verso enteiro"

Como todas as mesas do Encontro desenvolveuse con moito dinamismo e participación e cunha confluencia importante ante a situación do idioma, un idioma que non é só a ferramenta de traballo de escritoras e escritores, senón a razón, única, central, primeira... polo que son escritoras e escritores.

Hai algunhas diferencias xeracionais, cando menos esa é miña percepción, por iso, como coordinadora da mesa, fixen unha última intervención centrada en dous aspectos:

1. Hai que rematar co maltrato. As falantes, como as mulleres maltratadas, acabamos por asumir a culpa: o discursos dominante de que somos intransixentes, agresivas, atrasadas nas propostas, carentes de imaxinación, que non estamos no mundo de hoxe... Se se perden galego-falantes é por culpa do profesorado que nos ensina colocar os pronomes, insiste no vocabulario, preocúpase de que saibamos o xénero das palabras que usamos (e como imos falar correctametne se non?)...

2. Cómpre, a día de hoxe, sermos como Daniel Castelao, Rosalía de Castro, Manuel Curros, Victoriano Taibo, Ricardo Carvalho, Manuel María... é dicir, escribir no noso idioma e ter unha posición visíbel sobre o seu futuro, ou basta con "facer a escolla" de escribirmos en galego?

Como sempre, temas coma este non saen nos medios, ademais de que onte tivemos a competencia de quen xa sabedes. En todo caso podemos ler unha boa reportaxe en Maré (www.galiciahoxe.com).
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-11-2010 12:07
# Ligazón permanente a este artigo
Conclusións do XXVII Encontro Galeusca
Reunidos en A Coruña, entre os días 29 de outubro e 1 de novembro de 2010, as asociacións de escritores galegos, bascos e cataláns, ao redor do tema ?A literatura en galego, éuscaro e catalán: unha viaxe con futuro?, concluimos que:




1. Demandamos do goberno central garantías e respecto equitativo e de adecuación de políticas de fomento e divulgación das nosas literaturas nacionais en pé de igualdade coa literatura escrita en lingua castelá.
2. Denunciamos as actuais políticas estatais de afronta e negación dos nosos idiomas nacionais, coa pretensión de anularen o principio de progresión recollido no espírito e na letra da lexislación vixente. Neste sentido, lembramos o contido do artigo 3.3 da Constitución Española de 1978 que impón ao goberno do estado obrigas de apoio efectivo para as linguas cooficiais: éuscaro, catalán e galego.
3. Reivindicamos a necesidade dunha maior presenza cualitativa e cuantitativa das nosas literaturas nacionais nos curriculos oficiais escolares para as etapas de ESO e Bacharelato.
4. Facemos constar o noso rexeitamento rotundo á aprobación, unilateralmente imposta polo goberno galego, do Decreto 79/2010 para o plurilingüismo no ensino non universitario que, por primeira vez na historia da democracia, fai retroceder a presenza horaria e a consecuente posibilidade de aprendizaxe, para a mocidade e infancia, do idioma galego, propio e oficial de Galiza, que afonda na súa condición de lingua minorizada e supeditada á hexemonía do castelán.
5. Denunciamos a regresión na política de investimentos en cultura por parte da Xunta de Galicia, que imposibilita o desenvolvemento ascendente e normalizado da actividade cultural vinculada ás industrias do sector e co propio proceso creativo de autores e autoras nas súas diferentes manifestacións artísticas.
6. Mostramos o noso desacordo coa recente convocatoria, por parte do goberno galego, dos agora chamados Premios de Creación, polo seu rexeitamento do cualificativo ?Nacionais? co que naceron no seu día e pola anulación da dotación económica que conlevaba esta mención de recoñecemento.
7. Finalmente, entendemos que, nestes tempos de globalización, se fai aínda máis necesaria a defensa dos sinais de identidade dos pobos e de todas aquelas manifestacións nacionais que resisten o intento recentralizador dos grandes poderes políticos e económicos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-11-2010 10:42
# Ligazón permanente a este artigo
XXVII Galeusca na Coruña
Por sorte, hoxe dous dos medios de comunicación fanse eco da roda de prensa ofrecida onte na Coruña polas tres asociacións de Escritores e escritoras: a galega, a basca e a catalá, con motivo da celebración da XXVII edición de Galeusca.

Ao rematar as mesas de onte, un membro da delegación catalá sinalaba a necesidade de reflexionarmos e posicionarnos sobre a situación das nosas linguas e literaturas. Unha vez máis. Persoalmente comparto que, no contexto presente, cómpre incidir novamente na falta de proxección e visibilidade das nosas culturas, reclamar que os medios de comunicación de todo o Estado atendan tamén ás nosas obras, e as recomenden, procurar un canle de comunicación directa entre as tres culturas, pensar en circuítos de difusión que nos permitan rendibilizar entre nós os nosos produtos culturais...

É certo que en case todos os Galeuscas sacamos este tema, uns ou outros. Mais tamén é certo que así seguirá sendo, debe seguir sendo, mentres non academos eses obxectivos básicos.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-10-2010 11:55
# Ligazón permanente a este artigo
Catulo en galego
Acabo de descubrir algo fantástico. O meu profesor de latín de 3º de BUP, alá por 1982-83, Xose Manuel Otero, ten un blog sobre literatura clásica. E como non, alí están os poemas de Catulo que el mesmo traduciu.

Deixo aquí este poema, que un día o noso profe nos fixo memorizar en latín antes de sabermos que significaba realmente. Naturalmente protestamos, que ía dicir unha aula chea de rapazas e algún rapaz de 16 anos. Tempo despois comprendín a razón e felicito ao meu profe: aínda é hoxe o día que lembro como comezaba este poema:

"Quaeris quot mihi basationes
tuae, Lesbia, sint satis superque"




7: MÁIS BEIXOS QUE ESTRELAS

Pregúntasme cantos beixos
teus, Lesbia, me colmarían.
Tantos como area libia
cobre a laserpicífera Cirene,
entre o oráculo de Xúpiter ardente
e a tumba sagrada do mítico Bato,
ou como milleiros de estrelas que cando cae a noite
axexan os amores furtivos dos humanos.
Comerte a beixos
colmaría ó adoecido Catulo,
para que non poidan contalos os curiosos
nin enmeigalos unha mala lingua.


(no cadro, Lawrence Alma-Tadema retrata o poeta e a amante)
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-10-2010 20:31
# Ligazón permanente a este artigo
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-09-2010 15:03
# Ligazón permanente a este artigo
Adeus a Dora Vázquez
Unha noite desas solemnes e quedas do xullo, contaban as estrelas ás auras lixeiras a historia de amor dun reiseñor e unha tímida rosa. A mesma rosa que arrastraba a corrente dun arroio que a lúa bañaba con fulgores de prata.
Contábanlle que o canto do reiseñor era algo marabilloso. Os seus trinos vibrantes e melodiosos acendían as noites. Nas mesturas dos soutos e as carballeiras, escoitábano os outros paxaros espertos i encantados. Nos seus buratos detiñan os grilos o son dos seus élitros, e as ras deixaban de croar nas lagoas para escoitalo. Todo quedaba calado, nun lánguido silencio, no que soamente a gorxa prodixiosa do reiseñor degrañaba as súas belas cantigas na escuridade da noite...


Cadros de amor
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-09-2010 15:09
# Ligazón permanente a este artigo
Proxectos e preocupacións
Comentaba o outro día que teño até finais de mes para realizar dous proxectos que me encargaron.
Un é o proxecto M. Nel tócame elaborar digamos o retrato en palabras dunha ducia de mulleres. Desde que mo ofreceron, ilusionoume, pois realmente apetéceme moito facelo, porque son, ademais, unhas mulleres moi especiais?
O segundo é o proxecto I, chegou máis tarde, sobre o día 9, máis ou menos, e este preocúpame un pouco, até o punto de pensar en declinar a proposta aos poucos días. Mais o certo é que tamén eu teño certa responsabilidade en que este tema saia adiante e, se non o acepto, haberá dificultades, así que ? hai que facelo. Preocúpame porque teño moi pouco tempo (tres semanas que non son tales, senón horas soltas ao longo deses 20 días) e porque non depende soamente da miña capacidade creativa, senón que precisa algo de investigación e de coñecemento. Fareino o mellor que saiba e, desde logo, coa maior entrega. Trátase dun itinerario por unha cidade galega e é moi difícil facer algo diferente, así que vou optar por un percorrido moi persoal, que penso que non é completamente habitual, e máis ca un percorrido real, vou facer un percurso da imaxinación.
O que dicía, que até que remate con eles non darei pensado noutra cousa.
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-09-2010 23:46
# Ligazón permanente a este artigo
Aqueles anos 80
arquivo Marta Dacosta
Non se poden ordenar os papeis... de súpeto comezas atopar cousas. Iso foi o que pasou onte.

Entre outros atopei este exemplar de Castrellis do ano 84, mira ti, e fun atopar nel un bo resumo do que levo dito que foron para nós aqueles anos de movida. Así que aí queda, con erros ortográficos e todo, esta portada interior deseñada por Tokio (a revista viña dentro dunha funda de LP feita para a ocasión).

Que novos eramos!!
Comentarios (8) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-08-2010 11:41
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [5] [6] [7] 8 [9] [10] [11] ... [26]
© by Abertal
Acuática

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0