|
|
|
|
2013 |
|
 |
|
|
|
Entrega do VI Premio Victoriano Taibo |
|
 A mesa de traballo deste sábado.
Á vista a preparación da presentación da entrega de premios Victoriano Taibo que terá lugar este 23 de novembro ás 19:30 horas en Morgadáns (Gondomar).
Recitais, música, teatro e entrega do VI premio de poesía Victoriano Taibo a Ramón Sandoval.
Programa do acto, tirado da páxina do IEM, organizador do premio xunto coa Entidade Local Menor de Morgadáns. |
|
|
|
|
|
Acabo de saber que o Concello de Muxía conta cunha GALERÍA MULLERES e que son a escritora do mes de xullo.
Grazas!!
|
|
|
|
Día de Rosalía |
|
Onte celebrouse en Vigo a lectura de poemas de Rosalía que con motivo do seu día organiza a AELG por todo o país.
Alí acudimos unha vez máis. No acto interviñeron Vitor Vaqueiro, Francisco Castro, María Reimóndez, Pedro Fernández Núñez, Manuel Vidal Villaverde, Clara do Roxo, Alfonso Álvarez Cáccamo, Xosé Luís Grande Grande, Antón Costa e Laura Caveiro. A min correspondeume presentar o acto e Rexina Vega pechouno lendo o manifesto. Sumáronse á lectura Rosanegra, Pi Brasa, Sara Porrit e Alba María Rodríguez Díaz.
Na presentación lin algunhas estrofas do primeiro poema de Cantares Galegos, publicado 150 anos atrás na mesma cidade de Vigo que nos escoitaba.
Ía un grandísimo frío. A rúa non estaba tan chea como outras veces, malia ser O Prícipe a máis céntrica rúa do paseo vigués. Mais á calor dos versos de Rosalía alí se foron amparando as e os camiñantes, até que máis dun cento de persoas termaron do frío para abrigar a alma.
Fermoso acto.
«As de cantar
Meniña gaiteira,
As de cantar
Que me morro de pena
...
Canta si queres
Na lengua qu' eu falo,
Dareich' un mantelo.
Dareich' un refaixo.
...
Asi mó pediron
Na veira do mar,
A ó pé das ondiñas
Que veñen e van.
Asi mó pediron
Na veira do rio
Que corr' antr' as erbas
Do campo frorido.
...
Lugar mais hermoso
Non houbo na terra
Qu' aquel qu' eu miraba,
Qu' aquel que me dera.
Lugar mais hermoso
No mundo n' hachara,
Qu' aquel de Galicia,
Galicia encantada!
...
Cantart' ei, Galicia,
Teus dulces cantares,
Qu' asi mó pediron
Na veira do mare.
Cantar t' ei, Galicia,
Na lengua gallega,
Consolo dos males,
Alivio das penas.
Mimosa, soave,
Sentida, queixosa,
Encanta si rie,
Conmove si chora.
Cal ela, ningunha
Tan dulce que cante,
Soidades amargas,
Sospiros amantes.
Misterios da tarde,
Murmuxos da noite:
Cantar t' ei, Galicia,
Na veira das fontes.
Qu' asi mó pediron,
Qu' asi mó mandaron,
Que cant' e que cante
Na lengua qu' eu falo.
Qu' asi mó mandaron,
Qu' asi mó dixeron...
Xa canto, meniñas,
Coidá que comenzo.
Con dulce alegria,
Con brando compás.
O pé das ondiñas,
Que veñen e van.
|
|
|
|
Ceibas |
|
 Fina Casalderrey entra na Academia Galega. Alégrome e concordo con quen sinala que canda a ela entra a literatura escrita pensando nos máis novos e nas máis novas.
Cando souben que finalmente a Academia se decidira por ela veume á cabeza inmediatamente aqueles días da Feira do libro de La Habana, e a miña memoria fotográfica lembrou esta foto tan poderosamente simbólica. Foi naqueles días nos que coñecín a Fina Casalderrey e desde entón aprezo a esta muller que levou libros a tantas mans infantís e non só.
Dixen que era unha foto simbólica. Camiñando nas rúas de La Habana, cara ao mercado de artesanía, pasamos por diante da enorme árbore. Creo que foi Marilar Aleixandre quen nos descubriu a especie, unha ceiba. ?Ceiba?, unha palabra de noso para nomear unha árbore e nós alí, mulleres a loitar para construír liberdade desde a palabra, desde os feitos. Só podiamos facer unha cousa, sentar ao pé da ceiba, retratarnos. E aí estamos: Marilar Aleixandre, Teresa Moure, Fina Casalderrey, Antía Otero, Mercedes Núñez, Eva Mejuto e eu mesma. Quixo a casualidade que fose o día 24 de febreiro, o día de Rosalía.
Somos ceibas e temos a palabra.
Parabéns a Fina Casalderrey.
|
|
|
|
Bases indignas |
|
 Hai días que a anotei na axenda que o día 31 remataba o prazo de presentación de obras ao certame de poesía Manuel Lueiro Rey do concello de Fornelos de Montes. Fíxeno porque teño no caixón un libro agardando unha ocasión así para ver a luz. Hoxe estiven relendo unha vez máis os poemas. Volvín corrixilos, como fago sempre, e vin ao ordenador para ver a convocatoria.
Antes de me poñer a preparar as cousas teimei en ler as bases completas e entón din co parágrafo que reproduzo e decidín, claro, que non me presentarei.
Hai anos declinei formar parte do xurado de novela curta Lueiro Rey polo mesmo motivo, enviándolles unha carta na que explicaba a miña posición. Non acepto que as bases recollan que a obra é propiedade do editor, neste caso o Concello, para sempre, ou mentres queira selo. É inaceptábel. Estáselle pedindo a unha persoa que renuncie á súa obra.
É indigno para as autoras este tipo de bases ou cláusulas. Acepteino unha vez, hai moito tempo. Mais xa non teño idade para estas andrómenas. Nin tampouco para non dicilo, por iso fago pública a miña queixa ou denuncia (e porcerto que no caso dalgunha editorial chove sobre mollado)
Aquí queda.
O libro, seguirá no caixón. |
|
|
|
Porque soñaron! |
|
Amigas e amigos, se hoxe estou aquí, como vós estades, foi porque xa hai dous séculos houbo mulleres que soñaron que as súas fillas e netas poderían acceder ao ensino superior, ser mulleres con independencia económica, capaces de empoderarse. Traballaron de noite no porto de Vigo, de día nas súas casas para acadar este futuro.
Amigas e amigos, se hoxe estou aquí, expresándome na lingua da miña bisavoa é porque hai cento cincuenta anos que Rosalía de Castro decidiu que a lingua do seu pobo merecía formar parte do futuro e converteuna, outra vez, en lingua literaria, en lingua de cultura.
Estamos aquí porque Daniel Castelao soñou unha Galiza dona de seu e percorreu o país enteiro procurando a aprobación do Estatuto de Galiza e loitou até o último minuto para que a vontade do pobo galego chegase ao goberno da República, deixando encarreirado un futuro que naqueles ensanguentados días se empeñaron en derrubar, mais como o propio Castelao dixo: enterraron semente.
Para eles foi un soño. E loitaron arreo convencidos de que un día o soño sería realidade. Nós tamén soñamos, soñamos que a penas faltan horas para que o pobo galego tome a rendas do seu futuro para gobernar nós a nosa lingua, impedir que o chapapote dos " imbéciles e escuros, os férridos e duros" lixe unha vez máis o noso idioma.
Galiza precisa o BNG, pola nosa lingua, pola nosa identidade, polo noso pobo!
Lembremos os versos de Manuel María:
Temos que encamiñarnos pro albor
i andar polo chao con pé seguro.
Temos que sementar amor e máis furor
pra colleitar espranza e máis futuro!
(intervención no mitin de peche de campaña realizado en Vigo)
|
|
|
|
Homenaxe a Bernardino Graña |
|
Este primeiro de setembro, mes no que naceu o poeta, a Coruña acolle a homenaxe nacional a Bernardino Graña, Medre o mar!
A homenaxe foi organizada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e conta coa colaboración de diferentes entidades. E alí estarei.
É un dos poetas por min máis admirados, tal vez por iso recurrín a el no seu día para prologar o meu primeiro libro, Crear o mar en Compostela.
E esa admiración naceu de poemas coma este:
Que non o saiba o vento namorado
(Nos días do desastre do petroleiro Prestige)
QUE NON 0 SAIBA 0 VENTO namorado
que vai agarimando, unha a unha, as praias.
Non é siroco, ningún vento seco
o que nos ceifa a vida dos pequenos,
o que arrasa as casoupas, o que rouba
as forzas das mulleres entregadas
ao diario labor, o que desgarra
as carnes das nacións sacrificadas
en aras do progreso da falacia.
Non é o vento cruel, nin a arrogancia
de tiranos gordechos e ignorantes
sobre tribos humildes e selváticas
cubertos de ouro e peles de animalias.
Nin son nenos famentos, nin obreiros
os que andan a estragar, a desangrarnos,
a machucar as rosas e os ensoños,
a macular a gloria da alborada.
Non son horríbeis bocas de lamprea
os que nos van mirrando aldeas, saiba.
Nin son os mariñeiros os que manchan,
os que chuchan o sangue e toda a alma.
Sabemos de dragóns con moitas linguas,
con moitos barcos cheos de cobiza,
serpes con máis de sete testas malas,
parlantes monifates con gravata,
que ignoran sacrificios, que non saben
o doce ollar calado e solidario,
que venden todo o mundo ao negro inferno,
que esquilman cada día, sempre en ansia,
sen sombra e sen amor, pois nunca aman.
(sen sombra e sen amor, pois nunca aman)
Non é siroco, ningún vento negro
que xoga a ser a morte con gadaña.
Que non o saiba o vento namorado
que vai agarimando unha a unha as praias.
|
|
|
|
Faleceu Pousa Antelo |
|
Hoxe faleceu Avelino Pousa Antelo.
A súa memoria, o seu exemplo quedan en nós.
Un poema da súa autoría:
Agoiro
Dos tempos pasados
grorias que se foron
no fondo da alma
gardadas están;
espranzas fuxidas
de tempos tristeiros,
sinos derradeiros
tocan a chamar.........
Voltará da aurora
a luz temerosa,
e,na Patria nosa
voltará a brilar
a branca bandeira
co azul do ceo
ó compás do vento,
¡ doce libertá !
E nos nosos peitos,
e nas nosas vidas,
espranzas fuxidas
que retornarán,
encherán a Terra,
encherán os ventos
con novos alentos
na terra e no mar |
|
|
|
Homenaxe a Rosalía Castro en Marín. |
|
 O 25 de marzo o BNG de Marín organizou un gran acto público de homenaxe a Rosalía de Castro con motivo do 175 aniversario do seu nacemento. Foi tamén un acto de desagravio ante a inxustiza cometido polo actual goberno municipal que retirou o nome da nosa poeta dunha rúa de Marín.
Foi un acto intenso e fermoso. |
|
|
|
|
|
|
|
|