acuática


https://martadacostaalonso.wordpress.com/ https://www.facebook.com/marta.dacostaalonso

Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 OBRA
 CONTIDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 Arquivo

Galego en Cork




http://galegoencork.com/evening-writers-marta-dacosta-harkaitz-cano/
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-11-2014 11:30
# Ligazón permanente a este artigo
Participación na Universidade de Cork e no Festival Isla




Imaxes das actividades realizadas en Irlanda.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-10-2014 19:46
# Ligazón permanente a este artigo
Recital na Libraría central de Cork (Irlanda)
Imaxe do recital en Cork, en que Laura Linares leu en inglés "Houbo un medo de azul", un poema de Pel de ameixa. Neste recital compartín espazo con Harkaitz Cano e Isaac Xubín. Foi na Biblioteca Central de Cork, dentro do programa Lecturas desde a Periferia organizado polo Centro de Estudos Galegos de Irlanda e o Departamento de español, portugués e estudos americanos latinos, UCC, esta actividade contou coa participación da AELG, e o apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

A imaxe foi copiada de Spanish, Portuguese and Latin American Studies, UCC.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-10-2014 21:12
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Isla de Dublín
E seguindo coa viaxe a Irlanda, primeiro Cork e despois, o día 18 Dublín, onde participarei no Festival Literario Isla.

Este Festival está organizado polo Instituto Cervantes e nel representarei a Galiza na mesa "A palabra imprecisa". A miña intervención, un texto en prosa e verso escrito sobre o poema "Neste lugar do mundo" falará de como chegamos á lingua algunhas escritoras da miña xeración. Compartirei mesa con dous escritores irlandeses, un dos cales escribe en inglés e gaélico e outro só en inglés. Isto será a mañá do 18.

Á tarde participarei nun recital.

No plano da anécdota non podo deixar de pensar que neste ano en que publiquei un libro titulado "Dun lago escuro" vou viaxar precisamente a un lugar que recibe ese nome, pois segundo din, Dublín é unha lagoa escura.

Mergullareime. Coma sempre.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-10-2014 08:46
# Ligazón permanente a este artigo
Lecturas desde a periferia

Este mes de outubro é intensamente literario. Colaboracións, obradoiros, mesas redondas...

No medio do mes, o vindeiro 16 de outubro, viaxarei a Irlanda. Primeiro con destino a Cork, para participar en Lecturas desde a periferia, un pequeno simposio sobre as literaturas galega e vasca en que compartirei mesa e recital con Harkaitz Cano e Isaac Xubín. O acto está organizado polo Departamento de español, portugués e estudos americanos latinos da Universidade de Cork e o Centro de Estudos Galegos de Irlanda, que dirixe Martín Veiga.

A miña intervención sobre a poesía galega titúlase "Pegadas de Rosalía" e pretendo reflexionar sobre a situación do galego como lingua literaria e o papel das escritoras, 150 anos despois da publicación de Cantares Gallegos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-10-2014 19:43
# Ligazón permanente a este artigo
Luísa Villalta en Maleducadas






Hai varios días, a responsábel do blog Maleducadas pediume un texto para un especial sobre Luísa Villalta. Así que, comecei escribindo estas palabras:

Lembramos a Luísa

Neste mes de setembro lembramos a Luísa Villalta, a profesora, a violinista, a poeta, a amiga.
Cando volvo a vista atrás, dez anos despois, véñenme as imaxes do que debeu ser un dos últimos momentos que compartín con ela, a Cea das Letras do ano 2003. E hai unha fotografía que testemuña aquel encontro de escritoras e escritores, e no centro dela, azul índigo, Luísa.
Lembro a súa voz, nunca alterada, apaixonada nos argumentos en prol do autor ou do libro que ela coidaba merecente de premio, calma para reconducir un debate inesperado.
Mais, para min, Luísa é sobre todo a palabra en que me abrigo cando falo de nós, galegas ante páxinas en branco a golpes contra o teito. Mulleres que construímos un cuarto de noso e gardamos lonxe costureiros, fíos e agullas, para ocupar un escritorio sempre cativo para todas as palabras que precisamos erguer. Escritoras que non temos medo de pronunciar o nome da terra que cobre o corpo de Alexandre Bóveda.
Ela que quería unha lectora forte contra as agresións, ela que reclamaba unha transformación dos espazos en que o amigo nos acompañase, ela que desde o poema proclamaba:

Pergunto outra vez, a cada un que pasa,
se de verdade son unha muller, o que é iso,
se me enganaron sempre ou teño algun camiño.

Deixounos un legado inesquecíbel.

1 de outubro de 2014
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-10-2014 10:27
# Ligazón permanente a este artigo
Con Luísa Villalta
O pasado 28 de setembro, coincidindo coa homenaxe que a AELG lle facía na súa cidade da Coruña, coloquei nesta xanela esta foto en que vemos a Luísa Villalta.

Logo coloqueina no Facebook e alí, grazas a Marica Campo e David Otero, puiden poñer nome a todas e todos os asistentes, mesmo corrixir algún erro visual meu.

Tamén puiden aclarar que a foto fora feita por un traballador do Restaurante Carretas en Compostela, coa cámara de Teresa Seara.

Pois ben, despois de recoller todos eses datos, xa podemos dar conta do nome de todas as persoas presentes. E redactar de novo, aquela anotación:


É a imaxe das e dos asistentes á Cea das Letras de 2003, nela, azul, está Luísa, anicada entre Yolanda Castalo e Rafa Villar, case no centro da imaxe.

Nesa liña recoñecemos tamén a Gustavo Valencia, Fdez Abella, Pousa Antelo, Marga do Val e Pilar García Negro, por tras de Luísa, Carlos López Bernárdez, Rosa Aneiros, Paulino Novo e Emma Couceiro.

De pé, atrás: David Otero, Euloxio Ruibal, Heidi Khun-Bode, Magadalena Domínguez, Marica Campo, Riveiro Loureiro, Teresa Seara, a muller de Riveiro, Olga Patiño, eu mesma, Fernán Vello, Anxo Quintela e Pepe Cáccamo.


Era un bo día para lembrar esta foto.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-09-2014 11:53
# Ligazón permanente a este artigo
Levons-nous!

Este mércores 7 de maio participarei na Mesa redonda sobre poesía e feminismo: Levons-nous! Organizada ao abeiro da exposición do mesmo nome da artista Carolina Cruz Gimarey.

Velaquí o programa dos actos organizados ao redor da exposición:

Mércores 7 de maio

Levantémonos! mesa redonda en torno a poesía e feminismo.



Poetas invitadas:

Xiana Arias (A Fonsagrada, 1983)

Marta Dacosta (Vigo, 1966)

Rosa Enríquez (A Rúa, 1969)

Lucía Novas (Bueu, 1979)

Susana Sánchez Arins (Vilagarcía de Arousa, 1974)



Moderadoras: Carolina Cruz Guimarey (artista) e Clara Rodríguez Cordeiro (comisaria da mostra)



Xoves 12 de xuño

Levantémonos! Verbas feministas. Recital poético

Xiana Arias, Marta Dacosta, Rosa Enríquez, Lucía Novas e Susana Sánchez Arins.



Mércores 18 xuño

Concerto do grupo folk Habelas Hainas.

Máis información.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-05-2014 08:16
# Ligazón permanente a este artigo
Premio Joham Carballeira 2014
Este sábado 3 de maio reuniuse o xurado do XVII PREMIO DE POESÍA JOHÁN CARBALLEIRA, en que participaba como gañadora da edición anterior. Compartín deliberacións con Miriam Ferradáns Ferradás e Alberte Momán Noval e tras un breve debate resolvimos que o libro gañador debía ser ?Dos días escuros? de Mª Carmen Caramés Gorgal.

Como xurado destacamos "a capacidade para retratar unha situación tan difícil como a dos malos tratos e que isto se faga cunha linguaxe poética tan acertada, mediante a utilización de imaxes moi potentes e un ton que engancha á lectora e ao lector e fai devecer pola lectura da páxina seguinte. Cabe destacar tamén a unidade do conxunto e a capacidade de secuenciación creando un itinerario que vai adquirindo intensidade até acadar o punto final que nos conduce directamente á realidade."

Valorei especialmente a capacidade para retratar unha situación que me parece moi difícil de levar ao papel e facelo con altura poética.

Mª Carmen Caramés fora gañadora do premio Vitoriano Taibo en 2009 por Cuarto minguante.

Debo dicir que foi un pracer participar neste xurado e deliberar con el, acadando tal grao de sintonía. Tamén que este certame me permitiu ler obras ben interesantes que agardo que vexan a luz máis cedo que tarde, pois deben estar entre as mans das lectoras e os lectores, como estará "Dos días escuros".

Parabéns a Mª Carme Caramés
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-05-2014 10:44
# Ligazón permanente a este artigo
Todas con Rosalía 2
Vídeo "Rosalía non entende de donos; naceu libre e está viva" publicado pola AELG con motivo do día de Rosalía. Cito:

"Un grupo de escritoras galegas quixo unirse para continuar dando vida a Rosalía. Así, organizándose a través das redes sociais, decidiron colaborar na gravación dunha segunda parte do vídeo colectivo Todas con Rosalía, cuxa primeira parte pode verse en:
https://www.youtube.com/watch?v=g_tEH...
Mulleres falando de mulleres, e ao tempo, falando de todos, falando dos que aquí e agora sofren. Este vídeo coral pretende seguir o exemplo de conciencia e rebeldía da grande escritora ao recitar os seus versos desde o presente.


As gravacións amateurs foron montadas e editadas pola cineasta Raquel Rei.
Coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña
".

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-02-2014 22:29
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Acuática

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0