acuática


https://martadacostaalonso.wordpress.com/ https://www.facebook.com/marta.dacostaalonso

Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 OBRA
 CONTIDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 Arquivo

Maldade
Lendo aquí e alá cheguei a Stieg Larsson, agora envolto de novo na polémica por mor do libro de Kurdo Baski. Así cheguei á wikipedia e sorprendéronme as palabras de Donna Leon criticando Millenium por mor da súa maldade. Xa e é que, de súpeto, a perfecta sociedade sueca deixa de selo, e aínda que a Leon lle pareza esaxerado a propia protagonista Noomi Rapace responde nunha entrevista que: "Suecia ten unha imaxe de país perfecto e equilibrado, mais ... "hai moitas violacións, maltrato a mulleres e racismo que non se mostran para non rachar a imaxe perfecta"

"Algo cheira a podre en Dinamarca..." así que "todo temos pechado por mor do vento".

Entón volveume á cabeza o filme de onte. Maldade, crueldade, represión... outra vez nas entrañas da ferida en que imos apodrecendo. Era A cinta branca, película que recomendo, aínda que non sexa doado vela pois non anda por circuitos comerciais, mais sempre pode haber uns Multicines Norte, ou un cine Imperial en que un empresario ao que lle guste sobre todo o cine proxecte a película.
A min tamén ma recomendaron e certamente paga a pena vela, dá que pensar:


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-02-2010 20:57
# Ligazón permanente a este artigo
Lectura da obra de Anisia Miranda
En nome da AELG quero, en primeiro lugar, felicitar á organización do Salón do Libro de Pontevedra por ter organizado este acto de recoñecemento a Anisia Miranda. Homenaxear a Anisia Miranda é dar as grazas a todas aquelas e aqueles escritores que asumiron a reivindicación de Galiza e, co seu contributo, axudaron a agrandar a casa das nosas letras. É tamén homenaxear ás escritoras e aos escritores que asumiron para si a difícil tarefa de achegar os pequenos e as pequenas inoculándolles a paixón da lectura que, entre nós, tamén é o amor polo noso idioma.

Con estas palabras iniciei a miña intervención o pasado martes día 9 en Pontevedra, no acto de lectura colectiva da obra de Anisia Miranda. Eu lin o inicio da lenda ?A fidelidade de Penélope? do seu libro Mitos e lendas da vella Grecia, como dixen un libro para ler, reler, sobar, subliñar, aprender...
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-02-2010 18:09
# Ligazón permanente a este artigo
O Obradoiro quedou pequeno
Fixemos historia. Enchimos o Obradoiro e aínda non nos chegou. Non estaban todos nin todas, moitos e moitas máis quixeran estar. Moitos e moitas estaban con nós de corazón.

Cada vez somos máis.
Nada nos vai parar.

Pola nosa lingua seguiremos camiñando, parando, berrando, loitando e cada vez somos máis.
Os que non aman a lingua seguirán tentando ocultar a realidade. Enviando mensaxes denigrantes, usando e abusando dos medios de comunicación (o da TVG de hoxe non ten nome).

Este decreto ímolo tumbar
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-01-2010 18:38
# Ligazón permanente a este artigo
ESTAMOS EN FOLGA
"A lingua galega ten puntos débiles pero tamén ten puntos fortes. Un destes puntos fortes é que se percibe como a lingua propia de Galicia, como un elemento de identidade colectiva. Galicia entende que é precisamente a lingua (e a cultura ou visión do mundo ou maneira de ser que ten detrás) a que xustifica a autonomía; entende que estradas, hospitais e televisións tamén se poden planificar e xestionar dende Madrid; pero que aquí hai algo moi específico que fai máis racional unha xestión autónoma en conexión con Madrid e con Bruxelas e coa ONU. Esta conciencia de que a Xunta de Galicia se sustenta neste feito diferencial ten dúas consecuencias: primeira, que a Xunta de Galicia non ostenta en Galicia por delegación un poder foráneo, senón que é un Goberno galego; e, segunda, que os galegos esperan que o seu Goberno sexa o primeiro e inequívoco defensor da lingua galega. Por iso se asombra e mobiliza cando percibe xestos que, polo menos, parecen ir en dirección contraria."

Da Análise da Real Academia Galega.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-01-2010 17:57
# Ligazón permanente a este artigo
coma calquera outro
Un día horríbel, coma calquera outro:



Indicación terapéutica: para estados de stress, especialmente para quen anda todo o día no coche.

Advertencias e precaucións: agobia.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-01-2010 17:49
# Ligazón permanente a este artigo
A neve puntual
fotos de Marta DacostaHai exactamente un ano a neve tamén aparecía nos nosos camiños. Desta volta deixonunos imaxes magníficas, como a visión de Compostela ou a subida ao San Antoniño, tan preto do mar, que non dabamos creto...



A luminosidade da neve
enche a casa
en calma

Taneda Santoka, O monxe espido
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-01-2010 19:19
# Ligazón permanente a este artigo
pola nosa lingua, nin un paso atrás
Foto de ANT electrónicaMollámonos, con convencemento e decisión.
Fomos miles de voces reclamando os nosos dereitos.
Alí estabamos, convocados dous días antes, sen autobuses, sen grandes anuncios, sen medios que nos apoien..., faltaban os griposos, os que estaban a traballar, os que estaban fóra... porque escolleron a data para apagar a reacción, cambiaron de lugar o Consello para que os seus oídos non sentisen a voz colectiva que reclamaba o que en xustiza corresponde... E nós fomos quen de ser miles e miles, fomos quen de achegarnos a San Caetano, nin frío, nin auga. Unha calor inmensa moveunos e moveranos no futuro.

Parabéns irmáns e irmás. Temos a forza dos nosos corazóns.

O día 21: Á FOLGA CONTRA O DECRETAZO CONTRA A LINGUA!!

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-12-2009 11:11
# Ligazón permanente a este artigo
O 30 ás 5 en Compostela

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-12-2009 17:01
# Ligazón permanente a este artigo
2010
foto Marta Dacosta
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-12-2009 12:34
# Ligazón permanente a este artigo
este ano vou mandar unha postal
Señor Presidente:

Neste 2009 que remata, o noso pobo demostrou sobradamente que quere o seu idioma e desbota calquera tipo de retroceso na súa normalización. Agardo que aproveite o Nadal para reflexionar e mudar a súa política lingüística. Aínda está vostede a tempo de rectificar e facer posíbel que 2010 sexa o ano do necesario impulso que o noso idioma precisa. Nese camiño atopará, sen ningunha dúbida, o apoio da inmensa maioría da sociedade que quere unha lingua milenaria que sente como parte imprescindíbel de si.
Eu quero galego e deséxolle que en 2010 vostede tamén queira galego.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-12-2009 19:54
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Acuática

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0