|
|
|
Na Gala do Libro galego 2022 |
|
 Notas sobre a extinción finalista na fase previa á Gala do Libro Galego.
Grazas. |
|
|
|
Finalista en para a Mellor Poesía do Ano na Galiza e en Portugal-ARitmar |
|
 Honrada de que un poema do meu libro #notassobreaextinción fose seleccionado para ser votado entre os dez mellores poemas de 2021!!!
E que ben acompañada!
Grazas! |
|
|
|
Finalista da Gala do libro galego Follas Novas. |
|
 Notas sobre a extinción entre os finalistas da Gala do libro galego Follas Novas.
Parabéns a todas as e os seleccionados.
Eu, honrada de que un meu libro estea entre os finalistas. |
|
|
|
Presentación de Notas sobre a extinción en Compostela |
|
.jpg) |
|
|
|
Recensión en Tempos Novos |
|
 Camiño Noia fala de Notas sobre a extinción en Tempos Novos:
"... outro elemento de extinción, a perda das cousas e dos nomes que constituíron a base da nosa identidade". |
|
|
|
Alba Cid fala de Notas sobre a extinción no Día das escritoras. |
|
Polo #DíaDasEscritoras, Alba Cid mergúllanos en ‘Notas sobre a extinción’, de Marta Dacosta: “Versos que nos convidan a deternos, a reparar nas belezas pequenas". 🎧📲 http://dozz.es/lnrap1
"O poemario convídanos a pensar o que acontece coas palabras", afirma a poeta Alba Cid, conversando arredor de "Notas sobre a extinción", de Marta Dacosta Alonso, no Diario Cultural da Rádio Galega:
http://www.diariocultural.gal/colaboracion/a-extincion-segundo-marta-dacosta/?fbclid=IwAR0vrxG4aoi3NPHKi_O0LDWdSAYEAOwD8q_1oCfAT8Jgfp3QaZd-KbSkNZA |
|
|
|
Notas sobre a extinción segundo José Corderí |
|
"Dacosta compón uns fermosisímos versos que emocionan pola súa sinxeleza; uns haikus que resaltan a beleza que hai nas pequenas cousas naturais que nos rodean", comparte José Corderí, na revista Luzes, sobre a súa lectura arredor de "Notas sobre a extinción", de Marta Dacosta Alonso. |
|
|
|
Do telúrico ao existencial, recensión de Héitor Mera Herbello. |
|
Esta foi a recensión que realizou Héitor Mera Herbello en que di cousas como que:
"Marta Dacosta consegue unha regularidade neste seu libro que nos fai pensar na obra literaria desenvolvida con paciencia ao longo de moito tempo.
... hai un percorrido que vai do telúrico ao existencial.Os elementos da natureza, aparentemente nimios, cotiáns, mais que son a causalidade para que modele o munod, son a escusa para reflexionar o eu lírico sobre a súa posición no universo."
|
|
|
|
Contemplar a extinción desde o poema |
|
 Entrevista de Manuel Xestoso para Nós Diario:
"Moitas veces facemos compartimentos estancos, como se as cousas non se tocasen. Mais cando falamos de que esas cousas desaparecen, estamos falando da nosa forma de vivir, da nosa identidade como especie na terra.Esa identidade ten a ver co uso que facemos da terra no espazo no que vivimos e, por suposto, de como nomeamos o mundo. Hai un ensaio de Antonio Gamoneda, Fonación, palabra y escritura, que defende a idea de que o mundo existe cando o nomeamos, non antes; de que primeiro é a palabra e logo, a realidade. E isto é o mesmo que di Manuel María: o idioma é a chave coa que abrimos o mundo. Por iso, por exemplo, en galego temos máis de cen palabras para nomear a chuvia. E podemos perder este espazo, esta paisaxe e esta lingua. Que é como perdernos nós mesmos”
Ler aquí. |
|
|
|
a propósito de NOTAS SOBRE A EXTINCIÓN |
|
Recensión de Xosé Manuel Eyre Val en Ferradura en tránsito II:
"...o propio título do libro describe ben o que se atopa en Notas sobre a extinción, un itinerario non definido previamente, sobre o impacto do exterior, e maiormente da natureza, no mundo cognitivo ( e tamén afectivo ) da voz poética; e tamén un itinerrio que a voz poética propón sobre o seu evoluír poético, racional e sentimental a partir da contemplación do que a vida lle pon diante dos ollos e a conmove. Que son dúas cousas diferentes por moito que parezan a mesma."
Ler aquí. |
|
|
|
|
|
|