|
|
|
|
Filla de Medea. |
|
Filla de Medea é o nome que lle dei á miña columna de opinión en NÒS Diario.
A partir de agora, cada sábado, tentarei deixar alí a miña mirada sobre diversos temas. É un verdadeiro reto, como o foi no seu día, hai xa moitos anos, escribir opinión mensualmente para un medio en papel. Hoxe como entón, asumo a proposta coma un desafío, sabendo que se son quen de manter con algunha dignidade esa columna, crecerei como escritora.
Escritora, ou poeta, denominacións que aínda me poñen moito respecto porque, malia ter superado a quinta década, sei que me queda moitísimo por aprender.
Neste enlace poderán lerse as colaboracións unha vez que pasen ao xornal dixital. Velaquí o inicio da primeira:
Extraordinariamente normal.
En canto saín da casa freei e collín o móbil. Precisaba tirar unha foto, aínda que tivese mala calidade, pois corría o risco de que non me cresen. Xusto no pincho do tellado unha pata (voan máis cós patos, que ía ser?) miraba cara ao leste, coa mesma normalidade que se estivese á beira dunha pucharca. Unha ave doméstica revirábase contra os designios fixados para a súa especie e condición e reclamaba a liberdade de acción propia das súas antergas, normalizando o extraordinario: voar ao seu libre albedrío.
...
|
|
|
|
|
|