acuática


https://martadacostaalonso.wordpress.com/ https://www.facebook.com/marta.dacostaalonso

Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 OBRA
 CONTIDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 Arquivo

Presentación de "Labirinto ou memoria" en Gondomar

Comentarios (0) - Categoría: Labirinto ou memoria - Publicado o 21-10-2018 11:04
# Ligazón permanente a este artigo
Recensión de Labirinto ou memoria en Ferradura ou tránsito II

Xosé Manuel Eyré, no seu blog Ferradura en tránsito, le Labirinto ou memoria.

"Marta Dacosta entréganos un poemario de esmerado tratamento formal exquisita pertinecia e puntualidade das estratexias técnicas e fonda reflexión en canto aos diversos aspectos do tema que trata, tanto en poemas breves, que os hai, coma nos máis longos."

E subliña algúns versos.

Agradecida.
Comentarios (0) - Categoría: Labirinto ou memoria - Publicado o 21-10-2018 10:47
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación de Labirinto ou memoria en Moaña

Comentarios (0) - Categoría: Labirinto ou memoria - Publicado o 01-10-2018 21:50
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación de Labirinto ou memoria na Coruña

O 26 de setembro, no local da A.C. Alexandre Bóveda presentamos Labirinto ou memoria.

Un pracer
Comentarios (0) - Categoría: Labirinto ou memoria - Publicado o 01-10-2018 21:46
# Ligazón permanente a este artigo
Recensión de Labirinto ou memoria no Faro da Cultura
O xoves 13 de setembro, Román Raña dedicaba o seu espazo no Faro da Cultura a Labirinto ou memoria:

"Se vivir é padecer, lembrar é unha tortura"
"Ao longo do volume confirmamos que o corpo é unha casa e que a súa arquitectura constrúe unha memoria, Memoria dunha nena habitada de medos e cansazo..."

Agradecida pola lectura!
Comentarios (0) - Categoría: Labirinto ou memoria - Publicado o 17-09-2018 08:36
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista no Diario Cultura

Con catarro e Urana (a cadela) ao fondo, esta foi a entrevista que Ana Romaní me fixo para o Diario Cultural, a propósito de Labirinto ou memoria.

Entrevista Diario Cultural.
Comentarios (0) - Categoría: Labirinto ou memoria - Publicado o 12-09-2018 20:54
# Ligazón permanente a este artigo
Texto de Xavier Queipo sobre Labirinto ou memoria

"Lino dunha tirada á sombra dun bosque de faias, en Tervuren, onde no inicio do verán teño a miña sala de lectura privilexiada. Adoito definir os libros que vou lendo cun adxectivo: ... a verba que lle acae mellor ao sentimento que en min fixo acordar é conmovedor. Conmovedor polo que ten de revelador da intimidade pasada e como anticipo das marcas -algunha deles indelébeis- que a infancia deixou nesta muller, agora madura mais que leva experimentando o consolo na poesía dende a mocidade máis tenra por volta dos dezaseis anos."

Así comeza o texto co que Xavier Queipo me agasallou na presentación común dos nosos libros na Feira do libro da Coruña.

Moitas grazas Xavier.

O resto do texto pódese ler en culturagalega.gal.
Comentarios (0) - Categoría: Labirinto ou memoria - Publicado o 12-09-2018 17:57
# Ligazón permanente a este artigo
Labirinto ou memoria no Diario Cultural

Esta semana algúns poemas de Labirinto ou memoria, poderán ser escoitados no Diario Cultural:

"escoito os ruídos da mañá...".

"imaxinas a memoria...".
Comentarios (0) - Categoría: Labirinto ou memoria - Publicado o 11-09-2018 16:47
# Ligazón permanente a este artigo
Recensión de Labirinto ou memoria en O meu andel
Manrique Fernández fala de Labirinto ou memoria en "O meu andel"

"Marta Dacosta afirma que ?Labirinto ou memoria? é o reverso do seu anterior poemario, ?A casa da avoa?, e quizais non lle falte razón. Se naquel caso acudía á figura da súa avoa como representación simbólica da muller, e xogaba coa memoria como elemento motriz do conxunto, neste caso volve a retomar o fío das lembranzas para construir unha viaxe introspectiva a un pasado real ou imaxinado..."

"Partindo desa idea, ?Labirinto ou memoria? ben podería ser considerado como un traballo de análise sobre os condicionamentos da mente humana á hora de adentrarse nas nosas lembranzas. E en todo este proceso, lonxe de resolver dúbidas, o que o libro fai é prantexar novas preguntas".

Agradecida.
Comentarios (0) - Categoría: Labirinto ou memoria - Publicado o 04-08-2018 13:05
# Ligazón permanente a este artigo
Recensión de Palabra de Gatsby

Palabra de Gatsby fala de Labirinto ou memoria.

"Os textos deste libro viran arredor dos camiños da memoria e da necesidade de comprender os elementos como elos dun proceso sen fin, que ten moito de literario, máis tamén de profundamente humano. As conexións que establecemos con determinados sons, olores, situacións ou obxectos son aquelas que determinan o noso comportamento."

"Labirinto ou memoria é un libro efectivo. Realiza perfectamente un percorrido polos sentidos e sensibilidades universais mediante o empirismo individual sen pecar de egocentrista. Un libro atractivo que non busca ser rompedor, senón contribuír a unha reflexión sobre a nosa memoria."

Grazas
Comentarios (0) - Categoría: Labirinto ou memoria - Publicado o 20-07-2018 17:19
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
Acuática

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0