|
|
|
Feira do libro de Ponteareas |
|
 Na casa da avoa estivo na feira do libro de Ponteareas |
|
|
|
Recensión en Lecturafilia |
|
Lecturafilia publica unha recensión de "Na casa da avoa" por Tensy Gesteira Estevez.
"Os poemas de Marta son un combate continuo, e son de obrigada lectura para que o mundo non se aletargue, para que sigamos loitando contra todo o que se nos impuxo e que en realidade non nos identifica: unha loita contra o silencio, contra a violencia, contra ser alguén diferente?"
"Sempre convén lembrar, recuperar a memoria. E de verdade que cada día valoro máis esta poesía combativa, na que os puños equivalen ás palabras, e as armas son os versos que disparan na nosa conciencia para non deixarnos indemnes e provocar unha inminente reacción."
Agradecida e fortalecida. |
|
|
|
O máis vendido en maio |
|
 Maio rematou con boas novas. "Na casa da avoa" estivo entre os máis vendidos segundo os datos recadados por Faro de Vigo (da Casa do Libro en Vigo e da Libraría Miranda), e foi o máis vendido segundo os datos de Cicloxénese expresiva, que recada a información das librarías: Miranda (Bueu), Paz (Pontevedra), Andel do libro (Vigo), Couceiro, Lila de Lilith, Chan da Pólvora (Santiago) e Trama (Lugo).
O meu agradecemento ás lectoras e aos lectores que fan isto posíbel. Elas e eles son os artífices.
Grazas. |
|
|
|
Presentación de Na casa da avoa en Pontevedra |
|
 |
|
|
|
Presentación de Na casa da avoa na Coruña |
|
Este 31 de maio presentouse Na casa da avoa na Coruña.
Moitas grazas a todas e todos por encher o local da A. C. Alexandre Boveda. Grazas por me acompañar.
Grazas a María Xosé Bravo pola organización e a Mercedes Queixas Zas polas súas atentas e afectuosas lecturas.
Foi un inmenso pracer. |
|
|
|
Recensión de Na casa da avoa no Diario Cultural |
|
Chus Nogueira fala de Na casa da avoa no Diario Cultural:
Escoitar aquí. |
|
|
|
Presentación de Na casa da avoa en Bueu |
|

|
|
|
|
Recensión de Na casa da avoa na Sega |
|
 A recensión de Na casa da avoa en A sega, por María Reimóndez, unha beleza:
"Dende o interior do rocho, Dacosta leva aturuxando a historia persoal e colectiva das mulleres dun xeito que nos fai sentir case coas mans cada palabra. Dende a exploración do seu eu á revisión das mulleres na literatura clásica pasando polo tema recorrente da memoria, Dacosta foi saíndo pola fiestra cando lle pecharon a porta e a súa última entrega é un contributo máis a esta escrita persoal e fondamente recoñecible que noutros se ve coma un galano e nas mulleres tende a descartarse como ?repetición?. Cousas."
"A de Dacosta é unha memoria que se rebela, que se nega a construír a casa do pai e do esposo, que por fin dá voz ás traballadoras que quedaron só na imaxe, coma as mulleres retratadas en cadros, fotografadas (por Ruth Matilda Anderson, por María Caldarelly) e nesa voz rescata a artista e o obxecto para facer de ambas, suxeito.
Mais se cadra a rebeldía máis intensa é aquela que, seguindo a Rosalía de Castro en Cantares, toma o que outros denominaron feo e inútil e faino fermoso: dende Guillermina que baila entre o granito coma flores ata o corpo envellecente das mulleres. Un corpo polo que pasa o tempo non para condenalo, como nos din todas as mensaxes que nos rodean, senón para amosar coas súas cicatrices que ?venceu?."
A recensión completa aquí: "O interior das casas", María Reimóndez, A Sega.
|
|
|
|
Entre os 10 escritores galegos que hai que coñecer segundo Librotea, El País |
|
 Estes son os "10 escritores gallegos que debes conocer" segundo a estantería de Librotea do xornal El País.
Engaden:
"As escritoras tamén sobresaen. Entre elas, Diana Varela con Fin de festa, unha homenaxe aos feos edesposuidos nestes tempos en que todo se mide polo éxito e a beleza; Marta Dacosta, con Na casa da voa, unha homenaxe ás mulleres históricas, míticas e tambén reais; e Emma Pedreira, con Bibliopatas e fobologos, unha homenaxe aos libros, a aqueles polos que matar, e a aqueles polos que vivir."
Agradecida de que os meus versos se teñan feito un oco entre as propostas narrativas.
|
|
|
|
Recensión de Na casa da avoa no Sermos Galiza |
|
 Mario Regueira fala de Na casa da Avoa no Sermos Galiza do 11 de maio.
"Rescatar, xunto coa memoria persoal, a da estirpe familiar das mulleres e, ao seu lado, a da comunidade negada da que formaron parte."
"No fondo, a reconstrución dunha estirpe que habitou neses espazos silenciados e na que o xénero feminino é determinante... A forma na que a negación desa historia feminina se completa coa negación dunha comunidade nacional aparece de forma especial no último poema do libro..." |
|
|
|
|
|
|