|
|
|
Memoria de Begoña Caamaño |
|
Este 24 de outubro, un ano despois do seu pasamento, Compostela vivirá unha homenaxe a Begoña Caamaño.
O outono pasado, Eli Ríos convocábanos en nome de A Sega a construírmos un libro colectivo en homenaxe a Begoña. Eu entregueilles este poema, esta reconstrución do mito como Begoña facía, aos pés desa frase súa coa que tanto me identifico.
?Escribo dende un xénero excluído e dende unha lingua minorizada e asumo a responsabilidade que esa escolla conleva?, Begoña Caamaño.
CINCO MIL anos
construíndo
unha imaxe perfecta
distorsio-
nada
medida
moldeada
imaxe que oculta
a faciana que
o tempo
a vida?
esculpiu
mesmo
sobre a dura
pedra
manobra de propaganda e
ocultación
e ti
quen es
a dama perfecta
deseñada para ocupar
a sala do museo
obxecto colocado para ser
o centro das miradas
ou a muller anciá que
se oculta baixo capas de escaiola
autoinvisibilizándose
negando
que o seu paso
pola historia
tamén é fermoso
nas engurras
no corpo deformado
testemuña
de que houbo vida
máis alá
da perfección
efímera
(Nefertiti)
|
|
|
|
catorce poemas para des-tecer |
|
 VITAL E SILENCIOSA como a auga
que nace e sen estrépito alimenta
esa fonte imprescindíbel, era a nai
Estes versos abren o poema co que se pecha o caderno de poesía des-tecer que, ao longo de nove semanas, foi publicado nos cadernos de verán do Sermos Galiza.
Foron catorce poemas que abalaron do pasado ao presente e polos que transitaron mulleres anónimas ou con proxección histórica, como símbolos do que cómpre des-tecer. |
|
|
|
des-tecer IV |
|
 A cuarta enterga de des-
tecer, un poema en homenaxe a Begoña Caamaño:
?Escribo dende un xénero excluído e dende unha lingua minorizada e asumo a responsabilidade que esa escolla conleva? |
|
|
|
des-tecer III |
|

|
|
|
|
des-tecer II |
|

|
|
|
|
Des-tecer I |
|
Comeza a publicación deste conxunto de poemas por entregas. Velaquí a primeira, en 2 de xullo de 2015. Compartindo páxina con Marica Campo, un pracer. |
|
|
|
Cadernos de verán |
|
 E aquí está a nova.
des-
tecer
Un conxunto de poemas que se publicarán no Caderno de verán do Sermos Galiza, baixo a coordinación de Belén Puñal:
"poemas inéditos que compoñen historias de mulleres fiadas pola memoria baixo o título 'Des-tecer'" |
|
|
|
en preparación |
|

Preparando unha nova publicación, da que axiña saberedes.
Agardo que vos preste. |
|
|
|