|
|
|
|
Breve antoloxía da poesía galega de 90 |
|
Publicado no Blog O levantador de minas o 18 de marzo de 2006:
MARTA DACOSTA. Vigo, 1966.Mostran seus textos unha postura existencialista que transcende o individual para atinxir o colectivo. Na súa valorización, a vida fica bañada por un sentimento de xeral frustración, en que o silencio humano parece irmán dunha Natureza en ruínas. Así, a evocación do telúrico decrépito é orixe e reflexo dunha vida de angustias, dun destino cruel.
Mais unha mensaxe tal, que podería fundamentar unha actitude de pasiva carpideira, entra en confronto co ton bárdico que a forma verbal fornece. O verso utilizado, de longo período rítmico e poderosa ?melodía?, sitúanos perante unha actitude creativa de autora épica, a través da cal os poemas, en xeral non narrativos, parecen querer relatar un sofremento xordo e constante. É un verso que ofrece unha palpábel ?musicalidade?, que evidencia unha ferramenta conscientemente usada con destreza.
O resultado son textos de grande solidez, tanto polo poder do seu período rítmico completo canto polo recheo semántico, que parecen nacer dun abafante existencialismo colectivo.
|
|
|
|
|
|