acuática


https://martadacostaalonso.wordpress.com/ https://www.facebook.com/marta.dacostaalonso

Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 OBRA
 CONTIDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 Arquivo

Hoxe estou en silencio ... (Setembro, 1998)
Ao final da primavera de 2011, enredando cun programa básico de elaboración de vídeos, xuntei estas imaxes de meu co audio dun recital realizado no Consello da Cultura, para a antoloxía Novas voces da poesía galega, recital, que se publicou no ano 2000.

Recupéroo hoxe, porque alguén me pediu un vídeo do poema, e déixoo aquí, rudimentario como el é.

Comentarios (1) - Categoría: Vídeo-poemas - Publicado o 08-12-2015 12:23
# Ligazón permanente a este artigo
Cicatrices
Este pequeno vídeo-poema editouse para ser enviado ao vídeo-recital do Congreso internacional interdisciplinar "Poéticas e políticas do corpo na contemporaneidade", celebrado en París o 9 e 10 de abril de 2015, atendendo ao convite de Gonzalo Vázquez.

Hoxe publícoo nesta xanela, despois de o ter compartido no Obradoiro de creación literaria organizado pola Agrupación Cultural O Galo (realizado na libraría Lila de Lilith), a quen lle agradezo o convite e a oportunidade de falar dos meus pretextos.

Comentarios (0) - Categoría: Vídeo-poemas - Publicado o 31-05-2015 12:14
# Ligazón permanente a este artigo
Ordenemos o universo
Compráceme facer público nesta miña xanela, este vídeo-poema realizado polo alumnado de PDC de 3º da ESO (PDC que desaparece coa LOMCE) do IES Dionisio Gamallo, en Ribadeo, sobre un poema do meu libro As amantes de Hamlet.



Nin que dicir ten que estou encantada con este vídeo-poema e que felicito ao alumnado que tivo a idea e a realizou.

Grazas
Comentarios (0) - Categoría: Vídeo-poemas - Publicado o 11-10-2014 09:25
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación Dun lago escuro en Gondomar
Despois dunha primeira presentación en Bueu, no marco da entrega do Premio Joham Carballeira, este 19 de setembro presentaremos Dun lago escuro na Aula Ponte de Rosas, Gondomar, nun acto organizado polo IEM e no que me acompañarán Miguel Anxo Mouriño e Pedro Feijoo.

Este vídeo (desculpade a falta de experiencia de quen o realiza) quere ser un adianto do que o libro é:

Comentarios (0) - Categoría: Vídeo-poemas - Publicado o 14-09-2014 21:04
# Ligazón permanente a este artigo
Imaxes para un poema de Acuática Alma
Unha alumna de 4º da ESO, do CPI Cruz do Sar de Bergondo, elaborou un vídeo a partir dun poema de Acuática alma ao que engadiu un par de versos.




O poema en cuestión é o primeiro de "O meu nome á Antígona".
Velaquí o poema publicado no libro:


O meu nome é Antígona


I

Volvo ao mar
encontro o sal do aire con preguiza
cos ollos inmensamente abertos e co cabelo atado.

Atrás queda o continente
e as illas son un oasis de sol
para a memoria,
unha gota de auga para a queimadura
que bebe sedenta negándose ao final.

Farei meu o soño das mulleres espidas

que non é para min a crueldade do abandono,
si o fío e a memoria,
a angueira de saír do labirinto.
Comentarios (0) - Categoría: Vídeo-poemas - Publicado o 21-05-2014 17:28
# Ligazón permanente a este artigo
Un poema para o 25 de novembro
O poema Non é amor foi escrito para o libro colectivo Polifonías que editou en 2006 a Secretaría Xeral de Igualdade do goberno da Xunta, sendo a súa responsábel Carme Adán.

Estes días teño noticia na rede de que o poema foi lido en diferentes lugares, en Oroso, nun acto do BNG, ou en Moaña. Tamén en varios centros escolares, entre eles o IES de Poio ou o IES Pino Manso do Porriño, onde gravaron a lectura realizada por catro mozas:

Comentarios (0) - Categoría: Vídeo-poemas - Publicado o 28-11-2012 17:24
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Acuática

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0