acuática


https://martadacostaalonso.wordpress.com/ https://www.facebook.com/marta.dacostaalonso

Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 OBRA
 CONTIDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 Arquivo

Resumo da presentación de Argola na Guarda
O venres 12 de decembro presentamos Argola na Guarda, nun acto que tamén era a presentación da Asocicación Cultural Vela ao vento e que estaba coorganizado polo Grupo de Acción Feminista do Baixo Miño.

O acto foi presentado pola amiga Marisa Guerra e contou coa particpación de moitas amigas e amigos para os que non houbo cadeiras suficientes na Libraría Ler. Antón Ferreira, corresponsal do Atlántico Diario e a Radio Galega, fai esta crónica na súa web Galicia Suroeste, a fotografía tamén é súa:

"A Libraría Ler da Guarda acolleu, o venres, 14 de decembro, a presentación do poemario ?Argola?, de Marta Dacosta, nun acto que foi presentado por Marisa Guerra quen se congratulou de que a presentación deste poemario servise tamén como punto de partida do novo colectivo Vela e Vento, asociación cultural que tenta darlle un pulo á cultura na Guarda e contorna.
Marisa Guerra referiuse á autora como ?unha muller implicada na loita pola liberdade?, e da poesía de Marta Dacosta, sinalou que presenta ?formas ben traballadas? e na que salienta ?a forza da palabra que berra pola liberdade?, porque se trata dunha literatura comprometida, e agradeceu Marisa Guerra, que haxa escritoras que berran utilizando os versos sen avergoñarse do seu compromiso.
Viu, na lectura dos poemas de Marta Dacosta, unha presenza dos chamáns, porque a través das palabras, como aqueles homes e mulleres das culturas indíxenas, amósase unha sabeduría, un coñecemento da Nai-Terra. Pero é tamén a palabra; a voz das mulleres ás que se lles negou o dereito de soñar, e é, tamén, a palabra dos homes prostituídos ao servizo do imperialismo.
Marta Dacosta, salientou que este libro é diferente aos publicados ata agora, porque se constrúe a sí mesmo, cunha intención: querer escribir exactamente o que quixo dicir ?fun a por el?, tratándose dunha historia que se conta con pasos adiante, e tamén con pasos cara atrás.
E explicou que ?Argola? está imaxinado na costa de Oia, e que precisou case un ano para escribilo, xurdindo a partir dunha cita que aparece en ?Agrícola? de Tácito.
Rematou este acto, no que a escritora asinou exemplares, coa lectura de diversos distintos poemas recollidos no libro que viña a ser presentado"
Comentarios (0) - Categoría: Argola - Publicado o 20-12-2014 18:50
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación de Argola en Malpica
Este sábado 8 de novembro, en Malpica, no Centro Cívico presentarei Argola, unha vez máis.
Será unha presentación múltiple, pois tamén Xosé Iglesias presentará a súa Transfusión oceánica e Alfredo López, Tokio, Cabana de Balieiros.

E logo virá a Cea das letras, acto en que se presentarán os libros nacidos do Certame de poesía erótica Illas Sisargas de 2013: Dominio Público de Ramón Neto e Ode a Madison Ivy de Verónica Martínez Delgado.

Un será ben cargado de poesía.

Quedades convidadas e convidados se andades por aqueles lares, e se non tamén.
Comentarios (1) - Categoría: Argola - Publicado o 06-11-2014 22:09
# Ligazón permanente a este artigo
Resumo da presentación de Argola en Pontevedra
O pasado 18 de xuño presentouse Argola na Libraría Paz de Pontevedra.

Helena Torres fixo este marabilloso resumo da presentación:

"Daniel falounos das obras e premios de Marta, das anécdotas de actos e presentacións nas que coincidiron para rematar facendo unha pequena "reseña" de Argola e das diferentes lecturas que el fixo das que destacou que "nesas partes tan contestativas e tan claras atopei no medio moitas preguntas, esas preguntas son as que máis me lamearon na lectura e as que máis me gustaron porque cando tes unha lectura clara e concisa do que te están contando esas preguntas son as que che deixan mergullarte moito máis no libro."
Marta contounos do proceso de Argola dende a idea que o orixinou ata a escolla da protagonista, a vestal, como pretexto para falar de todo o que non é concreto nin está concretado, un símbolo que lle permitía xuntar varias cuestións que se resumen en que colonialismo, patriarcado e imperialismo é o mesmo "ismo".
Para rematar, Marta leunos varios versos escollidos que poden resumir o seu libro. Marabilla.
Marta e Daniel, moitas grazas pola vosa visita"

Grazas á Libraría Paz e a Helena Torres que sempre está atenta para que a nosa obra non pase desapercibida.

Galería de imaxes en facebook.
Comentarios (0) - Categoría: Argola - Publicado o 23-06-2014 08:53
# Ligazón permanente a este artigo
Resumo da presentación de Argola en Vilanova de Cerveira

O sábado 7 de xuño presentouse Argola en Vilanova de Cerveira, na Porta XIII, convidada por María Alonso Seisdedos.

Foi unha presentación moi especial, e foino porque me rodeaban catro amigos, catro persoas coas que compartín e comparto centro de traballo, o IES de Tomiño.

Así que para min foi moi emotivo. Unha presentación de poñer os pés no chan, porque Puri Ameixide volveu dicir cousas fermosísimas do libro, e destacar o seu valor de conxunto que o converte case nun relato poético que crea unha personaxe plena.

Carlos Villanueva, Luís Lechuga e Lorenzo Suárez interpretaron tres pezas de grande calidade, demostrando que son uns grandes músicos (así que vos recomendo que escoitedes o disco Doutra marxe, e veredes de que estamos falando).

E ao final sucedeu algo imprevisto. A palabra xuntouse á música, e os versos encaixaban nos acordes como se fosen feitos os uns para os outros e o recitado fora ensaiado... e non, era a primeira vez.

E foi, unha presentación feliz.
Grazas
Comentarios (0) - Categoría: Argola - Publicado o 11-06-2014 20:22
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación de Argola en Vilanova de Cerveira

Este sábado 7 de xuño presentaremos Argola na Porta XIII de Vilanova de Cerveira.

O certo é que estou emocionada. Non todos os días presentas o teu libro rodeada de compañeiros de traballo, de amigos.

En Vilanova acompañarame Puri Ameixide, escritora, autora de Nada se esquece e compañeira no departamento de Lingua galega do IES de Tomiño.

Estarán tamén tres músicos da formación Doutra marxe: Carlos Villanueva, profe de bioloxía e actual director do Instituto e Luís Lechuga, o profe de música que tomou o relevo de Lorenzo Suárez, ex-profesor no noso centro. Todos eles veciños ou oriundos do Rosal.

Eu, que máis podo dicir? Moitas, moitas grazas e quedades todas e todos convidados.
Comentarios (0) - Categoría: Argola - Publicado o 02-06-2014 15:24
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación de Argola en Vilanova de Cerveira

Comentarios (0) - Categoría: Argola - Publicado o 01-06-2014 10:48
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación de Argola en Lugo. Resumo

(imaxe de El progreso, do día 10 de maio)

O pasado venres 9, Verónica Martínez Delgado acompañoume na presentación de Argola no Lar da Asociación Cultura do País en Lugo.

Na súa presentación subliñou a lectura contra o maltrato e, especialmente, contra o maltrato infantil que, dalgún xeito, tamén está presente no libro. Falou das agresións que sufrimos as mulleres, da violación. Leu algún dos poemas que configuran unha liña de exaltación do corpo que xa foi destacada por outr@s lector@s e que no libro teñen a función de sumar elementos de denuncia da dominación, tamén sobre o noso corpo e a nosa sexualidade.

Previamente realizou unha presentación da miña obra e referiuse a cando nos coñecemos, en 1996, nun recital nunha faculdade compostelá. Contou que ao remate do recital se achegou a falar comigo para dicirme canto lle gustaran os meus poemas e eu agasalleina cun exemplar de Crear o mar en Compostela, así, sen máis, o que ela denominou como un acto de xenerosidade.

Eu, hoxe, agradézolle a Verónica a súa lectura atenta e ter rescatado para a miña memoria este feito.

Non deixou de ser curioso ter recitado Argola ao pé das murallas de Lugo.
Comentarios (0) - Categoría: Argola - Publicado o 12-05-2014 08:11
# Ligazón permanente a este artigo
Taboleiro do libro galego

No Taboleiro do libro galego, do Caderno da crítica, argola figura como o 4º libro de poesía máis vendido en marzo.

Grazas.
Comentarios (2) - Categoría: Argola - Publicado o 30-04-2014 18:21
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación de Argola en Lugo
O vindeiro 9 de maio, presentaremso Argola en Lugo.

Será no Lar da A.C. Cultura Do País (Carril das Hortas, 1. Lugo, ás 20 horas.

Desta volta con Verónica Martínez Delgado e Alberte Momán Noval.

Ficades convidadas e convidados
Comentarios (0) - Categoría: Argola - Publicado o 29-04-2014 08:26
# Ligazón permanente a este artigo
Recensión de Argola por Chus Nogueira
Este martes, 8 de abril, Chus Nogueira realizou unha recensión de Argola no Diario Cultural.

Os últimos libros "confirman unha tendencia que é a evolución a unha escrita que semella máis consciente desde o punto de vista do xénero e que se apoia na memoria familiar por unha banda e tamén na reescritura dos mitos por outra." Chus Nogueira


Comentarios (0) - Categoría: Argola - Publicado o 09-04-2014 07:58
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3] [4]
© by Abertal
Acuática

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0